28/4/23

Hora do conto: de 3 a 5 de maio de 2023

Hora do conto: de 3 a 5 de maio de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 3 de maio, ás 18:30
Para crianzas a partir de 6 anos   Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “A festa do porvir”
CONTACONTOS: Fran Amil

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 4 de maio, ás 18:30
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Cores e persoas”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 5 de maio, ás 18:30
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Os libros da titiriteira”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

 AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 28 abril 2023

"Monstruo Rosa" de Olga de Dios
Recomendacións en Radioleiros: 28 abril 2023-  Infantil (crianzas a partir de 3 anos):
 "Monstruo Rosa" de Olga de Dios. Editado por Apila.
 Un día, Monstro Rosa decide emprender unha viaxe na busca doutro lugar, doutro sitio onde poder sentirse a gusto e atopar novas amizades tan iguais ou tan diferentes coma el, en definitiva, onde poda ser feliz.
"La anomalía" de Hervé Le Tellier
 - Xoves e persoas adultas:
"La anomalía" de Hervé Le Tellier. En Seix Barral.
Audiolibro dipoñible en eBiblio
Libro electrónico dispoñible en eBiblio 
10 de marzo de 2021: aterra en Nova York un Boeing 787 procedente de París cunha pasaxe de duascentas corenta e tres persoas, despois dunha viaxe accidentada debido a unha forte tormenta de sarabia. Tres meses máis tarde, sorprendentemente, un avión idéntico, co mesmo capitán e a mesma pasaxe, pide aterrar no aeroporto Kennedy. Sen embargo é obrigado a tomar terra secretamente nunha base militar. Incomprensiblemente as-os pasaxeiras-os son a réplica exacta do avión que aterrou en marzo. Este suceso orixina unha crise a nivel mundial.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 2 a 5 de maio 2023

Actividades de promoción da lectura: 2 a 5 de maio 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 2 a 5 de maio:
 
Martes 2 de maio:
- 10:20 e 11:50 alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Contos nosos" con Ramiro Neira.
Mércores 3 de maio:
- 10:20 e 11:50 alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Contos nosos" con Ramiro Neira.
Xoves 4 de maio:
- 10:00 e 11:00 alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Contos de aquí" con Ramiro Neira.
Venres 5 de maio:
 - 10:15 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Feirantes" con Ramiro Neira.
 
Mércores 3 de maio:
 - 10:15 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Pequena Ramona" con Pakolas. 
Xoves 4 de maio:
- 10:15 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
 
Mércores 3 de maio:
 - 10:15 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.

27/4/23

Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!

Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!Óscar Villán é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo na especialidade de Pintura. Co seu primeiro traballo de ilustración infantil, "O coelliño branco" recibíu o Premio Nacional de Ilustración en 1999. Fai escultura (marionetas de barro) e fotografía. Deseña carteis, murais e etiquetas de cervexa. Colaborou con revistas como CLIJ, El Ciervo, Retranca ou El Exportador e participou en exposicións en Ourense, Bolonia, Bratislava ou Pekín. Ten numerosos premios: o xa mencionado Premio Nacional de Ilustración en 1999 por "O coelliño branco" (Kalandraka) e o Premio Coerenza Gráfica-Testo Un Libro per L'Ambiente en 2010 pola mesma obra.
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!Foi incluído na Lista de Honor de CLIJ coa obra "Os dous corcovados" en 2002 (Kalandraka). Gañador do Premio Lecturas GÁLIX en 2005 coa obra "O caracol remoldiño" (Edicións Xerais de Galicia). Lista de Honor de CLIJ en 2004 coa obra "Adiviñas de animais" (Kalandraka). Lista de Honor de CLIJ en 2004 coa obra "Cocodrilo" (Kalandraka). 
Gústalle ir de parola polo monte, bañarse no río e en mar aberto, subir montañas e ir ao cine. Desde 2014 Óscar Villán colabora no programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello e algún dos libros ilustrados por el, como "No país do vento" de Charo Pita, foi escollido para as Recomendacións en Radioleiros
Deixóunos estas fermosas dedicatorias como recordo da súa última visita. Moitas grazas, Óscar!

24/4/23

25 de abril en Rialeda: Encontro literario con María Solar (Cafés en lila)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Martes 25 de abril ás 18:30 h.

Encontro literario coa escritora María Solar, autora de obras como “A culpa” (Premio Xerais de Novela) ou “As horas roubadas” (Premio Frei Martín Sarmiento).

Entrada libre ata completar aforo.

Este encontro encádrase dentro da actividade “Cafés en lila: Literatura e Feminismo”, organizada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Oleiros.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 25 abril 2023 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "Hamnet" de Maggie O'Farrell
Documentación

Seguinte lectura: "Virtudes (e misterios)" de Xesús Fraga

Día Mundial do Libro 2023 en Bibloleiros

Día Mundial do Libro 2023 en Bibloleiros
Co lema “En abril, libros mil” as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros conmemoramos o 23 de abril, Día Mundial do Libro, con numerosas actividades dirixidas a todos os públicos.
- Roteiros literarios:
Esta semana comezamos co roteiro literario pola costa de Mera ata chegar ao faro titulado Paisaxe e faro: unha fascinación artística. Partíuse da Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera), camiñouse polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta. Falouse da relación entre literatura e fotografía, do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo. Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias. Do paseo como evocador de narracións. Lembrámonos da escritora Sofía Casanova, primeira muller reporteira de guerra. Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras. Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte en xeral. Léronse fragmentos e poemas de Vicente Risco, Sofía Casanova, Celso Emilio Ferreiro, Miguel Hernández, Luis Cernuda, Virginia Wolf, Edgar Allan Poe, Ray Bradbury, Jazmina Barrera e Jeanette Winterson.
Continuando con estas actividades para un público mozo e adulto, o 20 de abril tivemos o roteiro literario por Santa Cruz ata chegar ao castelo titulado Morriña, lingua e exilio: Un paseo cara a illa e o castelo. Partimos da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). Camiñamos pola localidade de Santa Cruz e o seu paseo marítimo, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar ao castelo. Foi un paseo literario en dúas etapas: A primeira, unha reflexión literaria sobre as orixes da morriña e como o exilio e a lingua inflúen na vida e na obra dalgúns autoras-es. Achegámonos á nosa historia, á nosa identidade, e ao camiño que transitamos: desde Rosalía de Castro ata Emilia Pardo Bazán, deténdonos en Luís Seoane. Falamos dos poetas Homero e Virxilio e da filósofa Hannah Arendt. A segunda parte a illa, no Castelo de Santa Cruz, onde comentamos a importancia da Illa como identidade propia, do castelo como entidade e a súa influencia na literatura. Lemos fragmentos e poemas de Rosalía de Castro, Luís Seoane e Rafael Alberti. Falamos da Eneida de Virxilio, Odisea de Homero, A última entrevista e outras conversacións de Hannah Arendt, Follas novas de Rosalía de Castro, Obra poética de Luis Seoane, Correspondencia entre Benito Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán, El castillo de Franz Kafka e Siempre hemos vivido en el castillo de Shirley Jackson.
- Cafés en lila:
O martes 25 de abril, ás 18:30 h, na Biblioteca Central Rialeda levarase a cabo a actividade, organizada pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, titulada “Cafés en lila”, na que haberá un encontro literario coa escritora María Solar autora de obras como A culpa (Premio Xerais de novela) ou As horas roubadas (Premio Frei Martín Sarmiento). Poden asistir todas as persoas que o desexen.
- Novidades para todas as idades:
Na Web municipal (sección de Bibliotecas), e no blog atoparás  unha escolla de novidades bibliográficas. Sesenta e seis propostas para diferentes idades, distintos gustos, intereses e preferencias. Títulos para divertir e emocionar, reflexionar e aprender, mirar e observar. Animamos a todas as persoas a que visiten as bibliotecas de Oleiros, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.
- Actividades para público infantil:
A Hora do conto e outras actividades infantís ás 18:30 H.
Debido a que este ano o día 23 de abril coincide en domingo, comezaremos coas actividades relativas a esta celebración na semana anterior a este día.
20 abril, Paula Carballeira en Rialeda con "Contos entre páxinas" para crianzas de 6 anos en diante.
21 abril, Pavís Pavós en Mera con "Contos para orellas abertas" para crianzas de 2 a 5 anos.
24 abril, Pablo Díaz en Dorneda con "Contando números, cantando cores" para crianzas de 2 a 5 anos.
25 abril, Antón Ke en Oleiros con "Cantares gallegos ao ukelele" para crianzas de 6 anos en diante.
26 abril, A Nube de Artear en Santa Cruz con "Robótica educativa" (realizaranse 2 sesións de 15 nenas-os cada unha). Para crianzas de 6 anos en diante.
27 abril, Bululú en Rialeda con "Timoteo" para creianzas de 2 a 5 anos.
27 abril, Lía Magalia en Lorbé con "Adiviña canto te quero" para crianzas de 2 a 5 anos.
28 abril, Olga Abad en Nós con "A nena lentella" para crianzas de 6 anos en diante.
“Akwaaba obroni! = Benvidas as persoas que veñen de máis aló do horizonte!”
- Exposicións bibliográficas:

Na Biblioteca Central Rialeda: “Akwaaba obroni! = Benvidas as persoas que veñen de máis aló do horizonte!” Con esta fermosa arela en lingua twi, presentamos esta expo de literatura africana para conmemorar o Día Mundial do Libro. Accra, capital de Ghana, é este ano 2023 a capital mundial do libro da UNESCO e a cidade que nos abre as portas de Mama África (como canta o compositor brasileiro Chico César), un inmenso continente literario do que che amosamos unha petiscada.
Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz: “Cócteis de lectura”, podes escoller un rolo de papel e atoparás unha recomendación de lectura que podes levar en préstamo para lela ti ou outras persoas da casa. Son obras relevantes da literatura, algunhas recibiron premios como o Cervantes, Premio Nacional das Letras Españolas, Premio Nacional de Narrativa, Premio Nacional de Poesía ou o Premio Nobel de Literatura.
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros): “E ti...que les?” Recomendacións de libros, películas, e CD feitas polas propias usuarias-os. Podes participar cubrindo unha nota na propia biblioteca ou enviando a escolla por correo electrónico.  
Exposición “Contos para levar no peto” con obras de Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa por “As malas mulleres”.
Na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé): Mostra bibliográfica “Entre Cervantes e Shakespeare anda o conto” con obras de Cervantes e Shakespeare. Tamén se entregará nun sobre un “libro sorpresa” cun marcapáxinas do Día do Libro.
Na Biblioteca  Mª José Trincado (Mera): “Libros que deixan pegada” para público infantil, escolla de contos imprescindibles para medrar cheos  de aventuras. “Libros recomendados polas-os socias-os da biblioteca”, selección de novelas recomendadas polas nosas usuarias-os que son os que a fan biblioteca viva.  
Na Biblioteca Ánxel Fole (Nós): “Un mar de libros”, exposición de libros sobre a temática do mar para todo tipo de público. Ás nenas-os entregaranse marcapáxinas para colorear.
Na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda): “Doce ou amargo: lecturas para saborear” é unha selección de novelas que mesturan ficción e gastronomía. Animaremos ao público lector a elaborar un menú literario cos súas lecturas favoritas; chefs e comensais poderán compartir e degustar as súas propostas literarias.
- Actividades para alumnado dos centros de ensino:
20 abril: alumnado de 6º de EI e 1º de EP do CEIP Valle Inclán: "Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz en Rialeda. Alumnado de 4º e 5º de EP do CEIP Luís Seoane: "Hércules e o xigante" con Quique en Santa Cruz. Alumnado de 6º de EP do CEIP Rabadeira: "Aproximación á ilustración" con Óscar Villán en Oleiros.
21 abril, alumnado de 3º e 6º de EP do CEIP Parga Pondal: "Hércules e o xigante" con Quique en Santa Cruz. Alumnado de 4º e 5º de EI do CEIP Valle Inclán: "Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz en Rialeda.
24 abril, alumnado de 1º ESO do IES Neira Vilas: "Ilustrando en verso" con Quique en Rialeda.
25 abril, alumnado de 4º de EP do CEIP Rabadeira: "Hércules e o xigante" con Quique en Oleiros. Alumnado de 5º e 6º de EP do CEIP Valle Inclán: "Aproximación á ilustración" con Óscar Villán en Rialeda. Alumnado de 5º e 6º de EI do CEIP Parga Pondal: "Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz en Santa Cruz.5º A e B
26 abril, alumnado de 4º de EP do CEIP Rabadeira: "Hércules e o xigante" con Quique en Oleiros. Alumnado de 6º de EP do CEIP Valle Inclán e 5º de EP do CEIP Juana de Vega: "Aproximación á ilustración" con Óscar Villán en Rialeda. Alumnado de 4º de EI e 2º de EP do CEIP Parga Pondal: "Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz en Santa Cruz
27 abril, alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas: "Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba en Rialeda.
- Tertulias literarias e clubs de lectura:
Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
Grupo A: 19 de abril, comentario de "Arenas movedizas" de Nella Larsen.
Grupo B: 26 de abril, comentario da obra "Llévame a casa" de Jesús Carrasco
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz):
GRUPO A: 25 de abril, comentario da obra "Hamnet" de Maggie O’Farrell.
GRUPO B: 18 de abril, comentario da obra "La uruguaya" de Pedro Mairal.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera):
17 de abril, comentario da obra "Una madre" de Alejandro Palomas.

Día do Libro 2023: novidades para todas as idades

 

Novidades nas Bibliotecas de Oleiros para celebrar o Día do Libro 2023

Hora do conto: de 24 a 28 de abril de 2023

Hora do conto: de 24 a 28 de abril de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 24 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Contando números, cantando cores”
CONTACONTOS: Pablo Díaz

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 25 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Cantares gallegos ao ukelele”
CONTACONTOS: Antón Ke
 

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 26 de abril, 2 sesións
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Robótica educativa”
MONITORADO: A Nube de Artear

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 27 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Timoteo”
CONTACONTOS: Bululú

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 27 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Adiviña canto te quero”
CONTACONTOS: Lía Magalia

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 28 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “A nena lentella”
CONTACONTOS: Olga Abad

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Actividades de promoción da lectura: 24 a 27 de abril 2023

Actividades de promoción da lectura: 24 a 27 de abril
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 24 a 27 de abril:
Luns 24 de abril:
  - 10:00 e 11:15 alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Ilustrando en verso" con Quique.
Martes 25 de abril:
   - 10:15 alumnas-os de 5º e 11:45 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Mércores 26 de abril:
  - 10:15 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 11:45 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Xoves 27 de abril:
  - 10:10 alumnas-os de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
 
Martes 25 de abril:
 - 10:30 alumnas-os de 6º de EI e 11:30 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Mércores 26 de abril:
 - 10:30 alumnas-os de 4º de EI e ás 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
 
Martes 25 de abril:
 - 10:15 e 11:35 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Mércores 26 de abril:
 - 10:15 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Hércules e o xigante" con Quique.