10/5/13

Recomendacións en Radioleiros:10 de maio

- Infantil: 


 
Comedia nun acto que conta as andanzas dunha compañía de teatro ambulante formada por Catarina de Siena e Ramiro de Blas que representa obras para nenos. Nesta peza sucédense lances de ton fantástico e simbólico con personaxes como o Sol, a Lúa, o Rei dos demos, etc. a través dos que se explican o nacemento dos días e das noites, a existencia dos tesouros e outros feitos.

- Moz@s e Adult@s:


Gaia é a protagonista e o argumento mesmo de En vías de extinción. Gaia asenta as súas raíces no rural galego, no respecto pola natureza e os animais, no amor á(s) lingua(s) e nunha cultura propia que perde presenza e poder a marchas forzadas . O pensamento feminista e o ecoloxismo figuran entre outros , como eixos deste libro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

7/5/13

"En maio, lectura e teatro": conmemoración do Día das Letras Galegas nas bibliotecas de Oleiros

Nas bibliotecas municipais de Oleiros conmemoramos o Día das Letras Galegas con numerosas actividades para promover o fomento da lectura e divulgar a figura do escritor homenaxeado en 2013: o actor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Martes, 7 de maio
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane, dirixido a alumnado de 5º A e B do CEIP Rabadeira.
Biblioteca "Federico García Lorca". Montrove
"Hora do conto", ás 18:30, con Paula Carballeira
Mércores, 8 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
Conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, a cargo do autor Rubén Ruibal, ás 10:45, dirixido a alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane, dirixido a alumnado de 5º C do CEIP Rabadeira.
Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz
"Hora do conto", ás 18:30, con Marisa Irimia
Biblioteca "Xograr Mendiño". Lorbé
"Hora do conto", ás 18:30, con Pedro Brandariz
Xoves, 9 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Venres, 10 de maio
Segunda edición do Roteiro cultural e literario: Syra Alonso e Francisco Miguel en Santa Cruz; Fanny Garrido e Marcial del Adalid no pazo de Lóngora e Francisca Herrera en Oleiros. Participará alumnado e profesorado do IES Miraflores, CEIP Parga Pondal e CEIP Luís Seoane.
Biblioteca "Ánxel Fole". Nós
"Hora do conto", ás 18:30, con Inés Cuadrado
Luns, 13 de maio
Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
"Hora do conto", ás 18:30, con Marisa Irimia
Martes, 14 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
"Encontro co escritor Marcos Calveiro", no que falará da súa obra "O pintor do sombreiro de malvas", actividade dirixida a alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores de Oleiros, ás 16:30
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Hora do conto", ás 18:30, con Raquel Queizás
Mércores, 15 de maio
Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz
"Obradoiro de banda deseñada", con Manel Cráneo, dirixido a alumnado de 6º curso do CEIP Isidro Parga Pondal.
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Xoves, 16 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
"Contacontos teatralizado" da obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", para alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Valle-Inclán, a cargo de Soledad Felloza
"Hora do conto", ás 18:30, con Pablísimo
Luns, 20 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
Presentación do libro "Feminismos", a cargo de María Reimóndez, unha das dúas autoras do libro, que forma tándem con Olga Castro.
Martes, 21 de maio
Biblioteca "Federico García Lorca". Montrove
"Hora do conto", ás 18:30, con Caxoto
Mércores, 22 de maio
Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz
"Hora do conto", ás 18:30, con Fran Ínsua
Biblioteca "Xograr Mendiño". Lorbé
"Hora do conto", ás 18:30, con Soledad Felloza
Xoves, 23 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
"Hora do conto", ás 18:30, con Paula Carballeira
Venres, 24 de maio
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Luns, 27 de maio
Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
"Hora do conto", ás 18:30, con Caxoto
Martes, 28 de maio
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
Contacontos teatralizado "Un nacemento especial", a cargo da Compañía Trinketrinke, dirixido a alumnado de 2º de Primaria do CEIP Rabadeira.
Venres, 31 de maio
Teatro Municipal "As Torres". Santa Cruz
Contacontos a cargo de Paula Carballeira, dirixido a alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria do CEIP Parga Pondal.
Biblioteca "Ánxel Fole". Nós
"Hora do conto", ás 18:30, con Ramiro Neira
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera
Espectáculo de contacontos "Historias da maletra", ás 18:30, con Raquel Queizás (dentro do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia)
Todas as bibliotecas municipais contan con exposicións bibliográficas con obras de Roberto Vidal Bolaño e sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. Así mesmo continúan as Tertulias Literarias programadas para este mes.

Tertulia literaria en Rialeda: 8 de maio (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Ilustrísima" de Carlos Casares.
Documentación
Obras de Carlos Casares nas nosas bibliotecas

 Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

 A seguinte obra programada é "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt

6/5/13

7 e 8 de maio: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Oleiros

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Rabadeira.

7 de maio:  
9,45 h. - 5º A  
11,30 h. - 5º B

8 de maio:
10 h. - 5ª C

Marina Seoane empezou os seus primeiros pasos como ilustradora hai trinta anos. Fascinada pola maxia dos libros persevera na súa sólida vocación e se licenza en Belas Artes na Facultade de San Fernando en Madrid. 
Marina Seoane colaborou con máis de vinte e cinco editoriais españolas, ilustrado máis de 200 libros, e escrito varios contos. Asimesmo foi profesora de debuxo e tapicería e directora de arte da Editorial Edimáter
Ten realizado exposicións individuais e participado en numerosas exposicións colectivas.
Obras ilustradas por Marina Seoane e dispoñibles nas nosas bibliotecas.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 6 de maio

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
De 18,30 a 20 horas.

Comentario da obra "A clase" de François Bégaudeau.
Obras de François Bégaudeau nas nosas bibliotecas.

Entregaráse o título "Un árbol crece en Brooklyn" de Betty Smith.

Hora do conto: 7 a 10 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 7 a 10 de maio.
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 7 de maio
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS:  "A casa do bosque", "A gran belota"
Mércores 8 de maio
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS:       "Historias Bolañas"
Mércores 8 de maio
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:   "O galiñeiro de don Ramón", "Poucapalla", "Mariseldiña"
Xoves 9 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:          “A princesa e o campesiño”, “Elisa”, “A illa”
Venres 10 de maio
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULOS:        “A Berenguela”, “Ota quere voar”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)