25/4/20

Abrimos a fiestra e vemos... Portugal! #EuQuedoNaCasa


https://youtu.be/cHSBQHWtNZk
Portugal festexa o 25 de abril, Día da Liberdade, e sairá á xanela ás 15:00 a cantar a Grândola. Este ano o país veciño non poderá botarse á rúa a celebrar a vitoria da democracia sobre a ditadura. "É tempo de… ler Portugal" de descubrir o país de Saramago, de Sophia de Mello Breyner Andresen, de Pessoa, de Florbela Espanca, a través dos libros, como promove esta campaña de fomento do turismo.

Ofrecémosche libros da plataforma GaLiciaLe que nos amosan Portugal a través da literatura. Abrimos a fiestra e vemos... Portugal cos ollos de "Resistencia" de Rosa Aneiros (libro comentado nas Tertulias Literarias). "Arraianos" de Méndez Ferrín, "Por que as sombras non teñen ollos" de Luís Manuel García Mañá. En eBiblio, podes ler en portugués: "O ano sabático" de João Tordo, "Luanda, Lisboa, Paraíso" de Djaimilia Pereira de Almeida, "E a noite roda" de Alexandra Lucas Coelho, "Adivinha quem sou esta noite" de Megan Maxwell. 

Para facer a espera máis agradable, co desexo de volvermos a cruzar a raia o máis axiña posible, deixámocheste tema de Salvador Sobral, "Anda estragar-me os planos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario