- Adolescentes (a partir de 12 anos):
"La isla de Bowen" de César Mallorquí, editado por Edebé. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013, Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012, Lista de Honor do IBBY, Premio El Templo de las Mil Puertas.
Esta obra trasládanos ao ano 1920 en Noruega, o mariñeiro inglés Jeremiah Perkins, tripulante do vapor Britannia, foi asasinado. A policía interroga ao práctico do porto que o único que puido dicir, segundo a documentación, foi que o barco pasara o inverno ártico nunha illa case deserta perdida na fin do mundo, a menos de mil quilómetros do Polo Norte e que o Britannia fora a este porto para buscar provisións e volver á mesma illa. Pero o mariñeiro Perkins, antes de morrer, enviou un pequeno paquete a Lady Elisabeth Faraday.
O fotógrafo Samuel Durango, despois de ver un anuncio na prensa, decidiu unirse á expedición científica do profesor Ulises Zarco, director da sociedade xeográfica SIGMA. Nela tamén irían, ademais do profesor Zarco e o fotógrafo, o axudante Adrián Cairo, o capitán Gabriel Verne e toda a súa tripulación, o químico García e dúas señoras inglesas (Elisabeth Faraday e a súa filla Katherine Foggart) e debían dirixirse, no navío Saint Michael, á Illa de Bowen, máis aló do Círculo Polar Ártico...
Unha magnífica e fermosa obra de viaxes, aventuras e misterio, sen esquecerse dunha pequena historia de amor, que nos levará a unha travesía chea de sorpresas.
É de destacar que o capitán se chame Gabriel Verne, unha homenaxe a Julio Verne (que se chamaba Jules Gabriel Verne) por parte do autor, ademais de menciónarnos varias veces ao Capitán Nemo e o seu Nautilus. No libro tamén nos fala da obra “El mundo perdido” de Conan Doyle.
- Mozos-as e adultos-as:
Narra a fuxida da súa casa dun adolescente a través da España central, nun país castigado pola seca e gobernado pola violencia. Un neno escapa da súa casa e agáchase nun burato
nas aforas do pobo, na zona das oliveiras. A maioría dos homes saen a buscalo. Non o atopan. Esperou ata o atardecer para saír do seu agocho. Despois de beber e comer algo das provisións que levaba no morral, no medio da noite púxose a camiñar en dirección ao norte tratando de evitar os sendeiros. Camiñando cara ao norte afastábase do pobo, do alguacil e de seu pai. Nese camiñar atópase a un pastor que o acolle e lle axudará...
Segundo transcorre a narración o autor vainos presentando unha paisaxe seca, árida, sen auga e con moi poucas árbores, baixo un clima duro, caloroso, sufocante, no que ten que sobrevivir á intemperie, como moi ben nos indica o título. Moitas persoas comparan a este autor con Miguel Delibes debido ao protagonismo e á importancia da paisaxe. Descoñecemos o nome dos personaxes, incluso o do protagonista, preséntanolos como: chico, pastor ou cabreiro, alguacil ...
Un excelente e conmovedor relato, cunha linguaxe sobria, na que a presenza da natureza é fundamental.
Intemperie é o debut literario de Jesús Carrasco, pero editores de trece países xa se puxeron de acordo para publicar simultaneamente esta obra.