9/11/18

Recomendacións en Radioleiros: 9 novembro 2018

https://spark.adobe.com/video/ym4gAIC5F431O
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1432715- Xuvenil (a partir de 10 anos):

A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada
Xerais

Esta é a historia da recuperación do ideal dunha cidade, porque a vila de Pedrarcana de Leria é unha cidade sumida no aburrimento debido á febre da construción. Pero todo cambia cando por un erro burocrático chega Andrea a traballar na anticuada biblioteca da cidade e o aire fresco entra no edificio.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1469218El río, de Rumer Godden
Acantilado

O crecemento e a aprendizaxe da vida son as dúas palabras que resumen a novela. A protagonista é Harriet, unha preadolescente inglesa que vive coa súa familia á beira dun río nunha cidade da India. Harriet está a facerse maior e non acaba de encaixar nin no mundo dos adultos nin dos nenos, pero ao mesmo tempo atópase dividida entre dúas culturas, a inglesa e a hindú.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/11/18

Exposición bibliográfica adicada a Almudena Grandes

O xurado do Premio Nacional de Narrativa que concede o Ministerio de Cultura y Deporte elexíu a obra "Los pacientes del doctor García" da escritora Almudena Grandes como gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2018, por “ser a cuarta entrega dun ambicioso proxecto narrativo que leva por título "Episodios de una guerra interminable". Na súa novela, que se centra na historia da posguerra española, con aportacións ás consecuencias da Segunda Guerra Mundial, acadou un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica”.
Almudena Grandes naceu en Madrid en 1960. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidad Complutense de Madrid. Traballou durante varios anos no mundo editorial, no que desenvolveu diversas tarefas, principalmente a redacción de textos por encargo.
A súa primeira novela, "Las edades de Lulú" (1989), gañou o XI Premio La Sonrisa Vertical e foi levada ao cine polo director catalán Bigas Luna. Logo, "Te llamaré Viernes" (1991) e "Malena es un nombre de tango" (1994), tamén adaptada para a gran pantalla.
"Atlas de geografía humana" (1998), "Los aires difíciles" (2002), "Castillos de cartón" (2004), "El corazón helado" (2007) e "Los besos en el pan" (2015) continúan a súa obra novelística. En 2010 comezou a serie "Episodios de una guerra interminable" con "Inés y la alegría" (2010), título que mereceu varios premios como o da Crítica de Madrid, o Sor Juana Inés de la Cruz da Feria Internacional del Libro de Guadalajara ou o Premio Iberoamericano de novela Elena Poniatowska. O segundo título da serie foi "El lector de Julio Verne" (2012); o terceiro, "Las tres bodas de Manolita" (2014), e o cuarto, "Los pacientes del doctor García" (2017). A novelista escribe agora o quinto tomo da saga: "La madre de Frankenstein" construida sobre a figura de Aurora Rodríguez Carballeira, personaxe real que quixo dar á súa filla Hildegart a educación habitualmente reservada aos varóns. A nena acabou convertíndose na avogada máis nova de España, activista política e sindical e moi combativa pola reforma sexual, mais tivo un tráxico final. Visita a exposición bibliográfica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e goza da lectura dos libros de Almudena na túa casa.
Fontes: Miniserio de Cultura y Deporte e Infolibre
Parabéns, Almudena!!!

4/11/18

Ler conta moito e actividades infantís: 7 a 9 de novembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 7 de novembro
        
Para nenas-os a partir de 4 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 8 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Vai, vai, María”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 8 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “... Pata de cabra”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 9 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Bruxas, papóns e outros monstros do montón