24/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 25 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 25 de novembro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke contará: Aló, cando aquí había osos: “Riciños de ouro e os tres osos", "O globo azul" . Para os-as maiores de 6 anos Ramiro Neira contará: "Miralbosque", "A dama solitaria".

Hora do conto nas Bibliotecas "Rosalía de Castro" de Santa Cruz " e "Xograr Mendiño" de Lorbé: mércores 24 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 24 de novembro ás 18:30 para escoitar a Caxoto na hora do conto con "Contos por igual". Tamén o mércores 24 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé poderás escoitar a Ramiro Neira con "Miralbosque" e "A dama solitaria"

23/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 23 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 23 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto con Aló, cando aquí aquí había osos...: "Riciños de ouro e os tres osos", "O globo azul"

22/11/10

Tertulia literaria en Rialeda: 24 novembro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor.

Consulta e descarga a nosa documentación.

Obras de Eduardo Blanco Amor nas nosas bibliotecas.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 22 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 22 de novembro ás 18:30 para escoitar a Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke na Hora do conto con O teléfono da diferencia: "Xigante pouco a pouco" e "Os de arriba e os de abaixo".