Contacontos audiovisual con Eduvía coa sesión titulada "Animaliños" que podes ver desde o venres 9 de abril ás 18:30 ata as 18:30 do domingo 10.
Clica nesta ligazón: QueroContosDeEduvía! e goza dos contos!
Contacontos audiovisual con Eduvía coa sesión titulada "Animaliños" que podes ver desde o venres 9 de abril ás 18:30 ata as 18:30 do domingo 10.
Clica nesta ligazón: QueroContosDeEduvía! e goza dos contos!
15 novas películas infantís - xuvenís na Biblioteca Central Rialeda
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Poderás contemplar a Exposición bibliográfica de dúas grandes escritoras xa clásicas da literatura infantil e xuvenil a nivel mundial: son Maria Gripe e Christine Nöstlinger ambas con recoñecido prestixio, unha ampla traxectoría profesional e numerosos galardóns, entre eles o Premio Hans Christian Andersen.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Durante o mes de abril
podes ver "ExpoCómic", unha mostra das coleccións de banda deseñada
infantil e xuvenil dispoñibles na biblioteca. Ademáis, durante este
mes, agasallaremos as-aos cativas-os cun orixinal marcapáxinas para
colorear.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Durante o mes de abril terás a ocasión de ver a Exposición bibliográfica de obras de H.C. Andersen. Ofrecerémosche marcapáxinas para colorear e o mural de recomendacións: as-os usuarias-os poden recomendar un libro (escribindo ou as-os máis pequenas-os debuxando) e colocarase nun mural para que as-os demáis usuarias-os podan consultalas.
Ata novo aviso, péchase a Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós por atoparse en obras.
A Hora do Conto manteráse en formato audiovisual nos días e hora programados.
A devolución e a reserva de fondos bibliográficos quedarán aprazadas ata a reapertura do centro.
Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse por correo electrónico ou teléfono
á Biblioteca Central Rialeda
Teléfono da Biblioteca Central Rialeda: 981 639 511
Correo electrónico da Biblioteca Central Rialeda: biblioteca.rialeda@oleiros.org
Horario de atención ao público:
Luns a venres: de 8:15 a 21 h.
Sábados: de 10 a 14 h.
PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 5 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “Érase unha vez”
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 6 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos do fillo da lavandeira"
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 7 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Bruxerías”
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 8 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos dos tres eran tres”
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 8 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Verde”
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 9 de abril
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Animaliños"
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.