13/5/11

Recomendacións en Radioleiros: 13 de maio

Logo Recomendacións en Radioleiros Títulos recomendados o venres 13 de maio:
- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
Cuberta do libro Coas mans baleiras "Coas mans baleiras" de Ana Tortosa e ilustracións de Cecilia Varela, en OQO.
Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está convidada a merendar na súa casa, pero non sabe que regalarlle. A través dun xogo de preguntas e respostas vai propoñendo posíbeis agasallos. Fermosa obra cunhas ilustracións que fan referencia ao mar e a motivos mariñeiros.
-Mozos/as e adultos/as:
"Poesía úlCuberta de Poesía última de amor e enfermidadetima de amor e enfermidade: 1992 –1995" de Lois Pereiro en Edicións Positivas.
Emotiva obra que segundo as propias palabras de Lois Pereiro “nace como unha vontade de desafiar á morte”. Como el nos di, “é produto de case catro anos de vida, pero escrito en menos de seis meses”.... ”O título do libro é un pouco esa busca de contradición, entre as palabras, entre as sensacións, e de que todo forma parte da vida, tanto o amor como o sufrimento, como a morte, como o desexo...”
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/5/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro "Deixa un bico no espello"

cartel letras galegas 2011 Actividades programadas nas Bibliotecas de Oleiros, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2011 ao poeta monfortino Lois Pereiro:
Na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós, celebraremos as seguintes actividades:
- Exposición bibliográfica e informativa
Do día 11 ao 31 de maio, faráse unha exposición de todo o materiafoto actividades sobre lois pereirol dispoñible na biblioteca sobre o autor homenaxeado e de toda a documentación recopilada pola bilbioteca da súa vida e obra.
- Xoga coas nosas letras
Durante eses días, a biblioteca ofrecerá unha serie de actividades lúdicas baseadas na vida e obra de Lois Pereiro coas que os rapaces poderán colorear, debuxar, recortar, pegar e pasar o tempo da maneira máis divertida mentres coñecen un pouco mellor ao poeta.

Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé:
- Exposición cos fondos de Lois Pereiro.
- Paneis informativos sobre a súa vida e obra.
- Paneis con poemas de Lois Pereiro.
- Animaremos aos usuarios a que poñan no seu perfil de facebook ou twiter poemas do homenaxeado
- O día 16 de maio, desde as 18:00 h. entre todos os/as usuarios/as da biblioteca leranse os seus poemas e se lle pedirá aos/ás participantes que lean ou citen algún poema, lenda, fragmento…, en galego que lles guste especialmente
- Aos/ás rapaces/as se lles recomendarán as seguintes páxinas web onde aprender sobre este persoeiro dun xeito divertido:
www.coordinadoraendl.org/letras2011
http://edu.aytolacoruna.es/portada/actividades_municipales/novo_monografico_dia_das_letras_galegas_2011_lois_pereiro http://loispereiro.blogaliza.org/
- Se repartirán encrucillados sobre Lois Pereiro e as letras galegas.

Na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera:
- Mostra bibliográfica e paneis informativos:
Exposición de todos os fondos bibliográficos dispoñibles relacionados con Lois Pereiro. Inclúese unha biografía documental con algúns dos momentos máis destacables da traxectoria persoal e profesional do autor.
- Marcapáxinas do Día das Letras Galegas:
Na semana do 16 ó 20 de maio repartiremos entre as/os nosas/os usuarias/os marcapáxinas conmemorativos do Día das Letras Galegas. O reverso dos marcapáxinas é unha invitación para escribir uns versos á persoa amada, a un amigo, a un familiar....

Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz:
- Mostra bibliográfica
- Tríptico sobre do autor “Coñecemos a.... Lois Pereiro. Letras Galegas 2011”
- Resolvendo variados pasatempos baseados na vida e obra de Lois Pereiro os/as nenos/as coñecen o autor homenaxeado este ano.

11/5/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro "Deixa un bico no espello"

cartel letras galegas 2011Actividades programadas nas Bibliotecas de Oleiros, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2011 ao poeta monfortino Lois Pereiro:

Na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove, celebraremos as seguintes actividades:
- Atopa a palabra oculta
- Le e colorea a Lois Pereiro
- Investigando ímonos enterando
- Mostra bibliográfica

Na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda:
- Exposición bibliográfica sobre Lois Pereiro
- Tríptico informativo que nos acerca á vida de Lois Pereiro e contén unha relación bibliográfica dos libros que temos na nosa biblioteca sobre ou de deste autor.
- Pasatemposgalegos.com para diferentes idades. Tendo como tema central o Día das Letras Galegas e Lois Pereiro, propoñemos unha serie de pasatempos para diferentes idades.

Adicadas a todos/as usuarios/as das bibliotecas, desde o 9 ao 31 de maio.

10/5/11

Día das Letras Galegas na Biblioteca de Oleiros

Na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros
Do 10 ao 31 de maio

Presentamos unha mostra dos fondos bibliográficos dispoñibles na biblioteca relacionados con Lois Pereiro
.
Poderas atopar na biblioteca diferentes materiais didáticos, pensados para espallar o coñecemento do autor e a súa obra entre o público máis novo: un encrucillado de palabras, feito arredor da vida do autor, e diversos modelos de debuxos con poesías de Lois Pereiro.

9/5/11

Tertulia literaria en Rialeda: 11 de maio (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30



Comentaráse a obra "A sangre fría" de Truman Capote

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro "Deixa un bico no espello"

cartel letras galegas 2011Actividades programadas nas Bibliotecas de Oleiros, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2011 ao poeta monfortino Lois Pereiro:

10 de maio: Centro Cultural As Torres de Santa Cruz
Encontro co escritor Xoán Babarro, para o alumnado de 5º curso de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

11 de maio: Centro Cultural As Torres de Santa Cruz
Encontro co escritor Xabier P. Docampo, para alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

Hora do conto: do 9 ao 13 de maio

logo da hora do conto nas Bibliotecas de OleirosAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 9 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "A verdadeira historia do Seixo Branco", "A princesa e o campesiño", "A gata: o animal máis intelixente da natureza"

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 10 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: Contos terribles: "Chibos chibóns", "Gato Guille e os monstros", "Terrible", "Agora non, Fernando"

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 11 de maio
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: "A ra de boca grande", "Feliz aniversario, Ratiña", "Os dous corcovados", "A vaca que puxo un ovo"

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 11 de maio
CONTACONTOS: Anxo Tirado
TÍTULOS: “A viaxe de Zenoira na procura da súa voz"

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 12 de maio
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Os narices do rei”, “Non fagas iso”, "Narices"
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Fran Insua
TÍTULOS: ”O caracol lento”, “Un becho estraño”, "Historias sen fin", "Zoolóxico"

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 13 de maio
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “A coxiña”, "A moza do corvo"

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)