- Infantil (de 6 a 8 anos):
"As aventuras da mazá vermella", texto e ilustracións de Jan Lööf, en Kalandraka.
Un home de traxe de raias paseando polo seu barrio, entra nunha froitaría porque lle apetece unha mazá. O froiteiro pensa que o señor é fácil de enganar e dalle unha de plástico verde dicíndolle que necesita estar un tempo ao sol para que madure…a partir de aquí unha serie de circunstancias e o ritmo trepidante da narración, sorprnderanos a cada momento, ata poñer a cada un no sitio que lles corresponde.

- Mozos-as e adultos-as:
"El lector del tren de las 6.27" de Jean-Paul Didierlaurent, editado por Seix Barral.
Guibrando traballa de operario da STRN (Sociedade de Tratamento e Reciclaxe Natural), encargado de manexar a trituradora de libros, a Zerstor 500, máis coñecida como “A cousa”, un traballo que por outra banda, non o motiva para nada. As follas soltas que quedan entre os dentes da máquina recítaas en voz alta aos adurmiñados viaxeiros do tren das 6.27 da mañá. Unha narración realmente insólita mestura de humor negro e moita dozura, na que un tropel de personaxes grises, de incomprendidos, galopan nun arco da vella vital que os impulsa cara a felicidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.