Considerado unha marabillosa guía para os máis pequenos, axudándolles a explorar e comprender o vasto mundo das emocións.
Cun enfoque accesible e ameno, a escritora lévanos da man a través de sentimentos como a ledicia, a tristura, o medo e a sorpresa. Faino dun xeito sinxelo e directo, empregando exemplos cotiás e situacións coas que os nenos poden entender e coas que se poden identificar facilmente.
É unha ferramenta valiosa para nais, pais e mestres que buscan ensinar aos nenos a recoñecer e manexar os seus sentimentos, fomentando a intelixencia emocional, a empatía e a comprensión entre os máis novos.
- Mocidade e persoas adultas:
Este best-seller internacional introdúcenos nunha historia fascinante chea de xiros inesperados. A trama xira arredor de Alicia Berenson, unha pintora de éxito que aparentemente leva unha vida perfecta, mais todo cambia radicalmente cando é acusada de asasinar ao seu esposo. O máis desconcertante é que, tras o crime, Alicia deixa de falar por completo, sumíndose nun mutismo absoluto que dura anos.
O relato cóntanolo Theo Faber, un psicoterapeuta obsesionado co caso, quen acepta un traballo no hospital psiquiátrico onde Alicia está internada co obxectivo de axudala a recuperar a súa voz e descubrir a verdade sobre o sucedido.
A través dunha narración envolvente, o autor lévanos por un labirinto de emocións e segredos escuros, mantendo a tensión mentres intentamos desentrañar o misterio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.