22/11/14

24 de novembro: Presentación literaria na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-20195.pdf
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114047O luns 24 de novembro, ás 18:30 h. terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz a presentación do libro "Remontar o río" da escritora de Becerreá Helena Villar Janeiro.



"Remontar o río", o novo poemario de Helena Villar Janeiro, é un libro especial. Polo seu formato, como unha fervenza de papel de doce metros, totalmente despregable. Polas ilustracións que o acompañan, de Luz Darriba. E polo texto. Un proxecto unitario no que a autora remonta o río da súa propia vida, dos seus recordos. Debullando unha biografía da existencia que non é a dela, senón a de calquera persoa. Na que flúen as palabras. Sedimentan as cousas importantes, como os afectos. E todo o que nos erosiona fainos máis fortes". Texto de Montse Dopico
Obras de Helena Villar Janeiro nas Bibliotecas de Oleiros.

21/11/14

Recomendacións en Radioleiros: 21 de novembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36013167/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=hondonada&idx=tihttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=recendo+clementinas&idx=ti- Infantil (a partir de 10 anos):
"O recendo das clementinas" de An Alfaya, editado por Tambre.
Abril, é unha nena de dez anos que vive coa súa nai e seu pai nun novo barrio, a onde se trasladaron cando ela era pequena. Curiosamente, desde entón, racharon con todos os seus coñecidos anteriores e tampouco teñen moitos familiares, un feito que sempre desacougou á nena, e a todo isto, hai que sumar o silencio dos pais, que provoca nela dúbidas que acabarán por enchela de desconfianza. Esta situación agrávase cando un día atopa unha vella fotografía dela e da súa nai.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"La hondonada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra.
Trata de dous irmáns indios de caracteres opostos, pero sumamente cercanos na súa infancia, aos que a vida e as circunstancias separan. O máis vello emigra a Estados Unidos para doutorarse, mentras que o outro, máis atrevido, é asasinado na India pola súa militancia nun movemento político extremo, nos anos 60. Este feito tráxico devolve ao irmán a casa, onde se sinte desarraigado e faise cargo da viúva de seu irmán.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/11/14

Expo bibliográfica na Biblioteca de Lorbé sobre Robert Louis Stevenson

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=robert+louis+stevenson&limit=branch%3AOLE7&sort_by=title_az&addto=
O 3 de decembro de 1894 morre o xenial escritor de novela de aventuras, Robert Louis Stevenson nacido en Edimburgo o 13 de novembro de 1850. Este ano cúmprense 120 anos da súa morte. Desde a Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé, queremos aproveitar esta efeméride para difundir a súa obra e a novela de aventuras. 

Celebraremos unha exposición coas súas obras e as de outros xenios da novela de aventuras como Emilio Salgari. Podes visitar esta exposición desde o 13 de novembro ata 5 de decembro. Está especialmente indicada para os-as maiores de 10 anos.