26/8/11

Recomendacións en Radioleiros: 26 de agosto

Títulos recomendados o venres 26 de agosto:

- Infantil (nenos/as de 10 a 12 anos):

"Mi amigo pintor", de Lygia Bojunga Nunes
Editado por SM
Historia dun encontro entre un mozo e un pintor maduro. Para o primeiro será a revelación do mundo das cores e das formas xunto cunha nova interpretación da vida. Para o pintor, a enerxía do seu amigo aportará unha novidade ao drama que é a súa vida. Lygia Bojunga é unha reputada escritora brasileira e foi a primeira galardoada non europea nen estadounidense co premio Hans Christian Andersen. Vive a cabalo entre Londres e Río.

- Mozos-as e Adultos-as:

"Unicrom" de Rosa Enríquez
Editado por Sotelo Blanco
Un divertido xogo narrativo no que as distintas voces describen un universo de ciencia fición mediante a técnica do "manuscrito atopado". Así vemos a Ten Asor, a Montaña Rosa e a Obolo B quen nos acompañan entre híbridos, sereas, xigantes e anfibios.



Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.