28/5/10

Recomendacións en Radioleiros



Títulos recomendados o venres 28 de maio:
- Infantís (a partir de 10 anos):
"Pesadelo no tren Chocolate"
de Fina Casalderrey e ilustracións de Patricia Castelao en Galaxia.
O avó Manuel é xefe de estación en León, antes foi revisor e coñece moi ben o funcionamento dos trens. Están con el os seus netos, pero teñen que marchar para Vigo a reunirse cos seus pais, polo que van realizar a súa primeira viaxe en tren sos.
Cando chega o tren á estación o avó ten un agoiro de que algo malo vai suceder. É como se os avisase dun perigo inminente, mais os nenos non lle fan caso.
É unha narración de intriga e misterio, escrita coa mestría característica desta autora, na que consegue manter o suspense ata o final, dirixida a nenas e nenos a partir de 10 anos

- Mozos-as e adultos-as:
"A esmorga" de Eduardo Blanco Amor editado por Galaxia.
A Esmorga está considerada unha das obras cumes da literatura galega, unha novela de gran dramatismo e de gran intensidade expresiva.
Segundo se nos di ao principio, parte dun suceso que oíu contar o autor e que sucedera uns noventa anos antes. A narración divídese en cinco capítulos e conta a troula que viviron tres mozos, durante vinte catro horas. Os feitos desenvólvense en Auria (que polos datos podemos dicir que é Ourense) e son narrados por Cibrán, un dos protagonistas que participou en todo o acontecido e que o está contando nun xulgado, a un Sr que debe ser o xuíz. Podemos ir lendo as respostas que da Cibrán, pero nunca coñecemos directamente as preguntas, inda que si as intuímos, e con estas respostas vai narrando os feitos.
Cibrán é un mozo que ten unha amante, que foi prostituta, e coa que tivo un fillo. El traballa nunha estrada que están facendo na zona e ela convénceo para que formalice a súa vida con ela e lle entregue o xornal, para poder vivir os tres. O luns cando vai para o traballo atopa a outros 2 compañeiros, o Bocas e o Milhomes, que o invitan a que tome algo con eles, ao principio non quere, pero como fai moi mal tempo e non vai poder traballar, acepta..... O que segue débeno coñecer lendo este libro.
Podemos dicir que ten un final tráxico pero, ao mesmo tempo, algo ambiguo porque cada persoa pode pensar de forma diferente o que aconteceu, pero que ten un fin que é poñer de manifesto o papel represor das forzas da orde da época e tampouco non deixa nada ben o papel da xustiza nese tempo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 28 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 28 de maio ás 18:30 para escoitar a Rato Pillo da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "A princesa e o chícharo", "Os tres bandidos"

27/5/10

2 de xuño: Galitoon presenta...“ROSALÍA, A PULGA QUE ESCRIBÍA” no Teatro As Torres

O 2 de Xuño, ás 18.30 h, no Teatro As Torres de Santa Cruz
O Departamento de Cultura e as Bibliotecas municipais convídante á obra de TEATRO DE MONICREQUES titulada
a cargo da Compañía Galitoon, para nenos e nenas menores de 10 anos.
O acceso é gratuíto ata completar a capacidade do teatro, por isto é imprescindible que traiades entrada. Podedes recollela en calquera das bibliotecas municipais.

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 27 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 27 de maio ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Inés Cuadrado contará: “Por se che pasa algo", "E o chapeu voou", "A casa redonda", "Carolina e os caracois". Para os-as maiores de 6 anos Soledad Felloza contará: "999 ranas", "Con la cabeza en otra parte", "Yo quería una tortuga"

26/5/10

Biblioteca de Oleiros: Obradoiros de Ilustración

Lugar: Biblioteca Municipal "Manuel María". Oleiros
Datas: 27 e 28 de maio
Hora: 10,15 e 11,45 (día 27) e 10,15 h. (día 28)

Actividade dirixida ao alumnado de 4º de Primaria do Colexio A Rabadeira.

Introducción á Ilustración
A cargo de
Marisa Irimia.

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 26 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 26 de maio ás 18:30 para escoitar a Mamá Raíña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto con "El elefante encadenado" e "Olivia salva el circo".

25/5/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 26 maio 2010 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Los Buddenbrook" de Thomas Mann.
Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Thomas Mann.

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 25 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 25 de maio ás 18:30 para escoitar a Inés Cuadrado na hora do conto. Os títulos serán: "O alquimista", "O anel do rei Salomón", "Dous consellos e unha empanada", "Lenda dos mariños"

24/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 24 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 24 de maio ás 18:30 para escoitar a Mamá Ratiña na Hora do conto con "El elefante encadenado", "Olivia salva el circo".