Continuamos de celebración! O martes 23 de abril celébrase o
Día Internacional do Libro. Nas
Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organízase unha ampla programación de actividades:
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)Hora do Conto:- 25 de abril ás 18:30 h. Contancontos con
Trinketrinke Teatro:
"Queremos a paz!".
Para nenas e nenos maiores de 5 anos.Mostra bibliográfica:
30 Premios Nacionais de Narrativa
Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:- 24 de abril:
Miguel Cuba, ilustrador:
"Viaxe en viñetas". Para alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores de Oleiros e do IES Neira Vilas de Perillo.
- 22, 23, 29 e 30 de abril:
Miguel Cuba, ilustrador:
"Superheroes: a nova mitoloxía". Para alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Miraflores de Oleiros.
- 25 e 26 de abril:
Miguel Cuba, ilustrador:
"A metáfora visual". Para alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores de Oleiros.
Clubs de Lectura e Tertulias literarias:Continúase con esta actividade para mocidade e público adulto, os mércores, ás 17:30 h.
- Grupo B: 24 de abril, comentario da obra
"Árbol del olvido" de Nancy Huston.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)Hora do Conto:- 24 de abril ás 18:30 h.
Paco Nogueiras:
"C@onto contigo".
Para nenas e nenos maiores de 5 anos.Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:- 24 de abril.
Trémola Teatro.
"8(M)uller". Para alumnado de 1º da ESO do IES María Casares de Bastiagueiro.
- 25 de abril.
Óscar Villán, ilustrador. Charla
"Aproximación á ilustración". Para alumnado de 5º e 6º de Ensinanza Primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.
Exposición "Unha taciña literaria para a túa cita literaria":Selección de libros escritos por autoras e autores que aportaron frases célebres sobre libros, a lectura, a escritura e as bibliotecas. Cada libro está decorado cunha taciña que contén unha frase célebre da súa escritora ou escritor.
Clubs de Lectura e Tertulias literarias:Continúase con esta actividade para mocidade e público adulto, os martes, ás 17:30
- Grupo A: 23 de abril, comentario da obra
"Llévame a casa" de Jesús Carrasco.
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" (Oleiros)
Hora do Conto:- 23 de abril ás 18:30 h.
Paco Nogueiras:
"Extra!".
Para nenas e nenos maiores de 5 anos.
Envíanos ou crea unha nota de recomendación sobre a lectura que tanto che gustou para artellar un espazo lector diverso e enriquecedor.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" (Mera)Clubs de Lectura e Tertulias literarias:Continúase con esta actividade para mocidade e público adulto, os luns, ás 19:00 h.
- Grupo B: 22 de abril, comentario da obra
"As malas mulleres" de Marilar Aleixandre.
Mostra bibliografica: 23 imprescindibles23 obras mestras da literatura como
Una habitación propia de Virginia Woolf,
Nada de Carmen Laforet,
La tribuna de Emilia Pardo Bazán,
Seda de Alessandro Baricco, etc.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda)Hora do Conto:- 22 de abril ás 18:30 h.
Trémola Teatro:
"Leo e os números".
Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.Mostra bibliográfica: Historias para amantes das Artes Novelas inspiradas en obras de arte e vidas de artistas.
"Imperdibles"Espazo dispoñible para enchelo con aquelas obras literarias que entusiasman, de lector/a a lector/a.
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós)Hora do Conto:- 26 de abril ás 18:30 h.
Ramiro Neira:
"O cazador de contos".
Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.Mostra "Un xardín de libros"
Coma os xardíns na primaveira, flores, árbores e plantas decorarán libros para todas as idades.
Coñece o Día do Libro a través dos cartaces informativos e desfruta dos pasatempos relacionados con esta relevante data.
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)Hora do Conto:- 25 de abril ás 18:30 h.
Charo Pita:
"Tatarantantarantiña".
Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.Mostra bibliográfica de obras de Cervantes a Shakespeare
"Recoméndame". Contribúe ao mural literario con suxestións para outras usuarias e usuarios.
Coa realización de todas estas actividades pretendemos promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dar a coñecer as bibliotecas municipais e potenciar a asistencia a elas non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.