19/4/24

Hora do conto: 22 a 26 de abril de 2024

Hora do conto: 22 a 26 de abril de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Luns 22 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Leo e os números”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Martes 23 de abril, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Extra!”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras


Mércores 24 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “C@nto contigo”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Xoves 25 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Tatarantantarantiña”
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 25 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Queremos a paz!”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Venres 26 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “O cazador de contos”
CONTACONTOS: Ramiro Neira
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 19 abril 2024

- Infantil (ata 5 anos de idade):

O elefante que perdeu o seu ollo
, de Boniface Ofogo. Ilustrado por Marc Taeger
Kalandraka

Unha adaptación dun conto tradicional africano que o escritor camerunés recupera para achegarnos esta bonita historia cargada de mensaxe.
Cada día, un elefante africano xogaba a quitarse un ollo e a lanzalo como se fose unha pelota. Pero nunha destas, chutouno tan alto que o ollo caeu no río. Desesperado, o elefante pediu axuda, primeiro, aos animais que vivían no río e despois aos do bosque e a sabana. Ninguén vira o seu ollo. Ante a desesperación do elefante, unha nena que o vira todo, achegouse ao animal e bisboulle as palabras máis sabias que se lle poden dicir a calquera que estea atravesando por un problema.

- Mocidade e público adulto:


Denuncia inmediata, de Jeffrey Eugenides
Anagrama

Versión dixital en eBiblio

Trátase dunha recopilación de 10 relatos que Eugenides foi escribindo ao longo de tres décadas. Os que abren e pechan o libro son os últimos que escribiu. A pesar da distancia no tempo entre os distintos relatos, pódense observar temas moi definidos. O choque cultural entre oriente e occidente, a falacia do soño americano, a crise ou o fracaso e a mediocridade sobrevoan todos os relatos. E sobre todo, a TENTACIÓN, con maiúsculas. Todos os protagonistas sofren o prurito da tentación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 22 a 26 de abril 2024

Actividades de promoción da lectura: 22 a 26 de abril 2024
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 22 a 26 de abril:

Luns 22 de abril:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Martes 23 de abril:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Mércores 24 de abril:
- 11:30 alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Xoves 25 de abril:
- 10:25 e 11:45 alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.
Venres 26 de abril:
- 10:25 e 11:45 alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.

Xoves 25 de abril:
- 10:00 alumnado de 5º e 12:00 alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.

Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024

O cardiólogo Enrique Iglesias Río en Rialeda. Venres 19 de abril de 2024Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024Charla de divulgación científica dirixida á
poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 19 de abril
Hora: 18:30 h.

O corazón: función, patoloxías e coidados
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

17/4/24

18 de abril: "Ao faro". Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado

"Paisaxe e faro, unha fascinación artística"

Xoves 18 de abril, ás 11 h.

Saída desde a Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" de Mera.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:
Na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511.


Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.

Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.

Leranse fragmentos e poemas de:

Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova  (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Miguel Hernández (Escribí en el arenal)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)

Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: Si te vuelves invierno, Mientras hilan las mariposas, La aldea, Verde en el tejado, El intermedio que somos e o conto infantil Cuéntame un cuento, yo te lo pinto.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!

16/4/24

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 17 abril 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.

Comentario de "Materia" de Yolanda Castaño.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "De bestias y aves" de Pilar Adón.

15/4/24