13/3/15

Hora do conto: de 17 a 19 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
Martes 17 de marzo
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Contos que deixan pegada”: "Medio elefante", "Home Lúa", "A mosca", "A figueira de pelos tortos", "A granxa"
 
Mércores 18 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)

CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Glub”
CONTACONTOS: Avoa Violeta de Trinke Trinke
TÍTULO: “O xornal de Lonxedetodo”: "Seis homes", "A princesa e o chícharo", "Os tres bandidos"

Novidades dvd cine na Biblioteca Central Rialeda (marzo 2015)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-21242.pdf
32 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

Recomendacións en Radioleiros: 13 de marzo

http://www.ipernity.com/doc/284673/37518412/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=18430- Infantil (de 8 a 10 anos):

Ámbar en cuarto y sin su amigo, de Paula Danziger; ilustracións de Tony Ross
Alfaguara

Ámbar Dorado volta ao colexio e vemos as vivencias cos seus amigos, profesores e as novas incorporacións. Filla de pais separados, ten un conflito coa súa nai tan real como humano. A autora foi docente antes que escritora, manifestando que esta experiencia deulle ideas para os seus libros. Ilustracións características do británico Tony Ross.

- Mozas/os e adultas/os:

As leis fundamentais da estupidez humana, de Carlo M. Cipolla
Rinoceronte

Autoridade na historia económica, cun gran humor ofrécenos un ensaio sobre a estupidez humana, a case imposibilidade de evitala e as consecuencias da mesma. Libro de total aproveitamento para a fin de semana.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/3/15

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 9 a 12 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda 
Luns 9 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “Zampulladas”: "Nacho dúchase", "Iareb visita o dentista"
 
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 10 de marzo
CONTACONTOS: Rato Camifuco de Trinke Trinke
TÍTULO: "Rato canguro”, "Suave e quentiño", "Os tres porquiños"
 
Mércores 11 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)

MONITORADO: Maumarela
TÍTULO: “Crear fósiles de dinosauros”
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A viaxe de Lup” 
Xoves 12 de marzo
Para nenas-os menores de 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618201)
 MONITORADO: Crearte
TÍTULO: “Animalario fantástico”

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: 9 a 13 de marzo

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana do 9 ao 13 de marzo, levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros
 

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, os días 10 e 11 de marzo continuarase co obradoiro de ilustración, denominado Sensacións debuxadas: debuxando cos cinco sentidos, no que se mostrará o debuxo como unha linguaxe universal e se explicará como con calquera elemento debuxado se pode transmitir unha mensaxe en calquera parte do mundo. Estará impartido polo ilustrador Manel Cráneo e dirixirase a alumnado de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera. Con estes obradoiros de ilustración e de banda deseñada preténdese que as nenas e os nenos poidan aprender diferentes técnicas de debuxo, así como aspectos básicos da banda deseñada ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade e a imaxinación. 

Tamén na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, os días 12 e 13 de marzo levarase a cabo outro obradoiro de ilustración diferente, neste caso impartido pola ilustradora Marina Seoane. Nel explicará os aspectos básicos do debuxo, aprenderanse diferentes técnicas de ilustración, observarán e analizarán diferentes ilustracións que figuran en diversas obras da autora. Dirixirase a alumnado de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 9 de marzo

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20417.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.

A seguinte obra programada é "El palacio azul de los ingenieros belgas" de Fulgencio Argüelles.