18/9/26

Inscrición Tertulias Literarias nas Bibliotecas de Oleiros 2026-2027

Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.

Período: Outubro 2026 a Xuño 2027.
Sesións quincenais e mensuais, de mañás e tardes. 
Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.

Prazo de inscrición: luns 21 a venres 25 de setembro.

Bases.
Formulario. 

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 30 de setembro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.

As persoas solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Máis información na Web Municipal e nas seguintes bibliotecas:
- Biblioteca Central Rialeda. Tfno. 981 639511
- Biblioteca Santa Cruz. Tfno. 981 626338
- Biblioteca de Mera. Tfno. 981 628507
- Biblioteca de Oleiros. Tfno. 981 610700



Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de setembro 2026

Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de setembro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Luns 21 de setembro  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: Fotoconto
MONITORADO: Eduvía

Martes 22 de setembro  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: Os contos da leiteira
CONTACONTOS: OQO


Xoves 24 de setembro
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: Príncipas e princesos
CONTACONTOS: Pablísimo

Xoves 24 de setembro
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO de maxia
MONITORADO: Pedro Bugarín

Venres 25 de setembro
Público familiar  Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Maxia divertida
ARTISTA: O mago Paco

Venres 25 de setembro
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: A grandeza do pequeno
CONTACONTOS: Iseo a Moura


AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en RadiOleiros: 18 setembro 2026

Críctor de Tomi UngererRecomendacións en RadiOleiros: 18 setembro 2026- Infantil (a partir de 5 anos):
Críctor de Tomi Ungerer. En Kalandraka.

Aplicando grandes doses de orixinalidade e sentido do humor, Tomi Ungerer converte unha enorme serpe na fiel mascota dunha adorable anciá.
Olor a hormiga de Júlia Peró
- Mocidade e persoas adultas:
Olor a hormiga de Júlia Peró. Editado por Reservoir Books.

Novela incómoda e reflexiva que rompe con valentía os tabús sobre a vellez, a soidade e o desexo.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.