7/1/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: 10 xaneiro 2011

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Retomamos a actividade tra-la pausa de Nadal

Comentaráse a obra "Las abuelas" de Doris Lessing.
Obras de Doris Lessing nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Icono de Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 7 de xaneiro:
- Infantil (nenos-as menores de 6 anos)
Cuberta do libro Ay no
"¡Ay,no!" de Rotraut Susanne Berner, en Anaya.
"A galiña branca quéixase de todo, mentras a negra sempre atopa solucións. Cando as dúas deciden dar un paseo polo campo, descobren que as cousas non son sempre brancas ou negras".
- Mozos-as e adultos-as:
"O xiro postal" de Ousmane Sembène, editado por Rinoceronte.
"Un bafoto da cuberta de O xiro postalrrio pobre do Dakar dos anos sesenta ve alterada a súa rutina coa chegada dun xiro postal. Un retrato lúcido do Senegal posterior á independencia coas estruturas sociais e económicas da época colonial".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.