1/2/13

Recomendacións en Radioleiros: 1 de febreiro

- Infantil (de 8 a 10 anos):
"Te quiero un montón" de Alain Serres; ilustracións de Olivier Tallec, en Edelvives.
"Te quiero un montón" é a declaración de amor dun neno a unha nena da que está namorado.
- Mozos-as e adultos-as:
"Cuando pase tu ira" de Asa Larsson, editado por Seix Barral.
Unha parella de adolescentes decide mergullar nun lago xeado en busca dun avión caído durante a Segunda Guerra Mundial. Mentras están dentro alguén corta a corda de seguridade e tapa o orificio de saída. Non van poder saír de aí con vida. 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/1/13

O ENTROIDO en Bibloleiros: obradoiros de máscaras e antefaces

Nas bibliotecas de Oleiros imos festexar o Entroido: a partir do martes 5 de febreiro, realizaranse Obradoiros de máscaras e antefaces nas Bibliotecas Municipais, dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos.
O monitorado que levará a cabo a actividade é da Compañía Dinamo Xestión.
As-os cativas-os poderán realizar distintas máscaras e antefaces e coñecerán as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.), deste xeito van coñecer costumes da nosa cultura e etnografía dunha forma divertida.
IMPORTANTE: hai só 20 prazas en cada obradoiro, as nenas e nenos que queiran participar deberán inscribirse na biblioteca correspondente. Todas as actividades serán ás 18:30 H





O ENTROIDO
Eu no Entroido teño medo
deste feo cigarrón;
vai choutando polas rúas,
as súas chocas fan ¡tolón!
Faremos as carautas,
troulearemos a cachón.
Pero gústame o Entroido
Polos grelos e o lacón,
pediremos polas portas
filloas, chulas, roscóns…
a cachucha, os chourizos
o entrecosto e os roxóns.
Poema de Ana Mª Fernández

30/1/13

A PAZ faise de palabras: Bibloleiros celebra o día da PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, data institucionalizada no aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Esta día celébrase en numerosos centros escolares de todo o país coas máis diversas actividades. As bibliotecas municipais de Oleiros queremos sumarnos á conmemoración da loita pola paz, a solidariedade e o respecto dos Dereitos Humanos xa que como centros de cultura queremos ser instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, cultura, relixión, recursos económicos, etc.

Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz convidámosche a investigar na vida de grandes persoeiros que axudaron a construír a paz.


Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé haberá unha exposición de libros sobre o tema e entre os-as usuarios-as que acudan á biblioteca ao longo desta semana farase un mural en forma de pomba onde o público poderá poñer os seus desexos de paz.


Na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove teremos unha exposición de libros para conmemorar o Día da Paz.


Na Biblioteca Central "Rialeda" contamos cunha escolma de libros da expo "Literatura infantil e xuvenil galega para a Paz" do Seminario Galego de Educación para a Paz - Fundación Cultura de Paz. Autores-as como Agustín Fernández Paz, Ramón Caride, Miguel Vázquez Freire, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro, An Alfaya, e outros-as teñen presenza nesta expo que podes visitar na sala infantil e xuvenil da nosa biblioteca.
                        
                         "Todas as guerras son o fracaso do home...
                          ...Máis importante é sementar a historia,
                                              refacer as palabras,
                  reconstruír o aire que nos une, a tenrura anterior ao propio aire.
                               Sementar de corazóns a historia
                                         e de rosas os cascallos..."
                                                                                       do poema "Vietnam" de Uxío Novoneyra

28/1/13

Tertulia literaria en Rialeda: 30 de xaneiro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)

Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "La fiesta del chivo" de Mario Vargas Llosa.
Documentación
Obras de Mario Vargas Llosa nas nosas bibliotecas.

Entregaráse a obra "El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce.

Exposición bibliográfica "Educar en valores e cultura para a paz" na Biblioteca de Santa Cruz

Celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia o 30 de xaneiro de cada ano en recordo da morte de Gandhi, un dos grandes defensores da Paz no mundo, asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
Na biblioteca podes atopar información para coñecer mellor a súa traxectoria e tamén a doutros grandes personaxes que loitaron pola Paz, como Martin Luther King ou a nai Teresa de Calcuta.

Algún libro que podes atopar na Biblioteca de Santa Cruz:
Para os-as máis pequenos-as
Capitán Calabrote, Os tres bandidos, O nacemento do dragón, Un barco no ceo, Bailar nas nubes, Cerca, Artur e Clementina.