16/12/16

Contacontos de Nadal na Biblioteca de Santa Cruz: 20 de decembro

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25270.pdfEste Nadal poderás gozar de dúas sesións de Contos de Nadal na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. A cita é o martes 20 de decembro, a cargo de Soledad Felloza.

Haberá dúas sesións:
- Ás 18:00 h. sesión para nenas e nenos de 1 a 3 anos (para esta sesión o aforo está limitado. É imprescindible reservar praza na Biblioteca de Santa Cruz ou chamando por teléfono ao 981 626 338)

- Ás 18:30 h. sesión para nenas e nenos de 4 a 8 anos.

Contos de Nadal é o pasaporte para viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación e soñar cos momentos especiais destas festas tradicionais.
 
ESPERÁMOSTE!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todas/os!!

Tertulia literaria en Rialeda: 21 decembro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25272.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18 a 20 h. ATENCIÓN CAMBIO DE HORA!!!

Comentario de "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Canadá" de Richard Ford

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 18 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!

Recomendacións en Radioleiros: 16 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44009672/in/album/863040
  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1216294- Infantil-xuvenil (a partir de 12 anos):
"Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas. Editado por Xerais.
A autora que recibiu o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “Escarlatina, a cociñeira defunta” preséntanos agora esta fermosa e emocionante novela que une o xénero de aventuras e o fantástico e na que tamén intervén a maxia.
Partindo de datos históricos, mestura personaxes reais como o escritor Jules Verne e o empresario vigués Sanjurjo Badía, con outros de ficción. Historia con fantasía, sen esquecerse de lendas da zona como da presenza do Nautilus en Vigo ou os tesouros ocultos en Rande.
En Maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo e contactou con dúas mulleres nunha botica. O escritor chega á cidade porque está seguindo o rastro das misteriosas mulleres planta. El quere coñecer todo sobre as mulleres planta e elas necesitan a axuda dos seus inventos para poder sobrevivir. O boticario Philipot, a súa muller Melisa e a súa neta Violeta gardan un importante segredo que consideran único, por iso cando lle encargan un bálsamo de naurilium e menta faino sospeitar que o seu segredo xa non o é tanto...
Unha magnífica novela xuvenil, homenaxe ás novelas de aventuras e unha excelente maneira de achegarse á obra do escritor Julio Verne.

- Mozas-os e adultas-os:
"El libro y la hermandad" de Iris Murdoch. En Impedimenta.
Finalista do Booker Prize.
Unha novela coral, dividida en tres partes, que nos fala dos deterioros que pode causar o paso do tempo nos desexos e aspiracións individuais e nas antigas relacións entre amig@s e antig@s compañeir@s de universidade.
Unha obra (que require unha lectura pausada) que nos presenta as relacións entre un grupo de amigos/as que estudaron na Universidade de Oxford. Comeza cun baile conmemorativo
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1206658&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20libro%20y%20la%20hermandad que organizaron para volver a verse todos/as, pero no que empezan os problemas ao asistir David Crimond, un pensador marxista ao que eles/as financian para que poda acabar de escribir un libro que leva tempo con el, pero que ninguén puido ler e que nin sequera están seguros/as da súa existencia.
Vemos personaxes como Gulliver que está contento por pertencer ao “comité do libro”  pero que se sente minusvalorado; a infeliz Tamar; o eterno amor de Rose por Gerard que é homosexual; ou Jean, casada con Duncan, pero namorada de Crimond...
Unha historia sobre o amor e a amizade, pero tamén sobre como van cambiando as lealdades segundo pasan os anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/12/16

Tertulia literaria en Rialeda: 14 decembro 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25244.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez
Documentación

A seguinte obra programada é "Soy Pilgrim" de Terry Hayes

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 11 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!

12/12/16

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 decembro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.elcultural.com/noticias/letras/David-Foenkinos-loco-por-Charlotte/7702Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Charlotte" de David Foenkinos

A seguinte obra programada é "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 16 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!