7/4/17

Boletín de novidades 6 abril 2017

https://drive.google.com/file/d/0B95bhc9HVVwOTUpwS2NnLXgwNUU/view

Recomendacións en Radioleiros: 7 abril 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/07042017-recomendacions-en-radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1012944&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20duas%20casas%20de%20alicia- Infantil (de 6 a 8 anos):
"As dúas casas de Alicia", texto de Christelle Vallat e ilustracións de Martina Peluso. Editado por Baía.
A separación dos seus pais causa inquedanza en Alicia mais pouco a pouco vaise afacendo ás novidades, como a de ter unha casa con mamá e outra con papá. Finalmente chega a unha conclusión: “é posible ser feliz nas dúas casas”. Interesante no plano pedagóxico.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"El Volga nace en Europa" de Curzio Malaparte. En Tusquets.
Escritor, diplomático e xornalista, Curzio Malaparte viviu intensamente o século XX participando
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1097336como soldado na I Guerra Mundial, na experiencia de Italia en Etiopía, e xa como correspondente na II Guerra Mundial visitou Grecia, Finlandia, Polonia, etc. escribindo crónicas que Tusquets pon hoxe á nosa disposición. Uns textos de plena actualidade.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/4/17

6 abril 2017: Presentación poemario "Ollares" no Teatro As Torres

Ás 20 h.

Ricardo Seixo Fernández é un poeta que entende a escritura como un compromiso vital coa realidade na que vive e co país ao que pertence.

A presentación alternarase con recitado de poesías e finalizará con cancións.

Poderanse escoitar poesías intimistas e outras descritivas, unhas apaixonadas e outras ledas ou tristes. Toda unha mestura de textos coa pretensión de te acompañar.

Día do Libro Infantil e Xuvenil nas Bibliotecas Municipais

http://www.oepli.org/pag/cas/dia.php
O domingo, 2 de abril, conmemórase o Día do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Ándersen. Por este motivo presentamos unha ampla programación de actividades:

ACTIVIDADES INFANTÍS  FÓRA DE HORARIO ESCOLAR

Entre estas podemos destacar contacontos para bebés de 1 a 3 anos, a hora do conto para nenas e nenos de 4 a 6 anos e diferentes obradoiros de ciencia, arte e maxia para idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos.

Todas estas actividades terán lugar ás 18:30 horas, excepto algúns obradoiros nos que xa se indica unha hora distinta.

Para todas as sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos de 1 a 3 anos e para todos os obradoiros é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos
- 30 de marzo: “Unha granxa diferente” por Soledad Felloza

Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
- 6 de abril:  “Mans” por Pablísimo

BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos
- 29 de marzo: “Onde está a risa de Lúa?” por Charo Pita

Obradoiros para nenas e nenos a partir dos 7 anos
- 5 de abril: “Arte nos libros: Luís Seoane” por Crearte Servizos Culturais

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Obradoiros para nenas e nenos a partir dos 7 anos
- 7 de abril: “Obradoiro de maxia” por Chrystyan Magic
Hora de realización: 17:30 h.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
Contacontos para nenas e nenos de 1  a 3 anos
- 3 de abril: “Este queixo queixolán” por Pavís Pavós

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
- 31 de marzo: “Contos para toda a catizumba” por Paula Carballeira

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
- 4 de abril: “Contos para nen@s trastes” por Marisa Irimia

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
- 6 de abril: “O ratiño presumido” por a gran Lilí Gruyère da compañía Trinke Trinke

EXPOSICIÓNS DURANTE O MES DE ABRIL

- Exposición bibliográfica sobre a escritora Gloria Fuertes, para conmemorar o centenario do seu nacemento. Terá lugar durante o mes de marzo nas Bibliotecas Central Rialeda de Perillo, Rosalía de Castro de Santa Cruz e Mª José Ruso de Dorneda.
- Exposición de obras de H. C. Andersen, ademais de outros autores/as que recibiran o Premio Andersen e de autores/as galegos/as infantís e xuvenís. Realizaranse nas sete bibliotecas municipais do Concello de Oleiros.
- Exposición bibliográfica “Ven que che vou contar un conto: exposición de libros infantís e xuvenís”. Terá lugar na Biblioteca Manuel María de Oleiros.
- Mostra fotográfica “Os libros de Nós viaxan contigo”, recompilación de fotos dos nosos usuarios/as de todas as idades cun libro nas súas mans, para despois montar na biblioteca un mural. Realizarase na Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós.

OUTRAS ACTIVIDADES

- Xoga e aprende como se fai... coas poesías de Gloria Fuertes, actividade para os mais pequenos. Realizarase na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, onde está a exposición bibliográfica da autora poderanse coller debuxos para colorear con pequenas poesías escritas neles.
- Abanico de poemas, solicitarase aos usuarios/as da biblioteca que fagan pequenos poemas para despois escribilos en cada unha das variñas do abanico, que teremos exposto na entrada da biblioteca. Terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz.
- “Cóntame un conto”, actividade na que os/as usuarios/as que o desexen participarán nunha xornada de lectura en voz alta dos libros da exposición. Realizarase na Biblioteca Mª José Trincado de Mera.
- Facemos un libro? actividade plástica na que os/as nenos/as poderán confeccionar un libro con pequenos debuxos, texto e unha cuberta. Terá lugar na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé.
- Recoméndame un libro, os usuarios/as recomendarán un o varios libros que lles gustaran. Poñeranse nunhas tarxetas e estas exporanse na biblioteca. Realizarase na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé.
- Marca a túa páxina,  marcapáxinas conmemorativo deste día que poderán realizar todos os/as nenos/as que veñan pola biblioteca. Terá lugar na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda.

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA DIRIXIDAS A ALUMNADO DOS CENTROS DE ENSINO E REALIZADAS EN HORARIO ESCOLAR

TEATRO DE FEDERICO GARCÍA LORCA
A cargo de Soledad Felloza
- 30 de marzo, ás 10 h., na Biblioteca Rialeda dirixido a alumnado de 2º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.

CONTOS PARA DESAFIAR ÁS TRES BESTAS PARDAS
Contos nos que a lectura é a protagonista. A cargo de Paula Carballeira
- 31 de marzo, ás 10:20 h., na Biblioteca Rialeda dirixido a alumnado de 1º e 2º de ensinanza primaria do CEIP Juana de Vega de San Pedro de Nós.

OBRADOIROS DE BANDA DESEÑADA
A cargo de Xosé Tomás e Manel Cráneo
- Xosé Tomás estará o 31 de marzo, ás 10:10 h., na Biblioteca Manuel María. O obradoiro é dirixido a alumnado de 6º de ensinanza primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.
- Manel Cráneo acompañaranos o 30 e o 31 de marzo, ás 10:10 h., na Biblioteca Rosalía de Castro cun obradoiro dirixido a 3º da ESO do IES María Casares de Bastiagueiro.

O RATO ILUSTRADOR CONTACONTOS TEATRAL
A cargo de Trinke Trinke
- Os días 3 e 4 de abril na Biblioteca Rialeda e o 7 de abril na Biblioteca Rosalía de Castro, polas mañás, para alumnado de educación infantil dos colexios Valle Inclán de Perillo, Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e Luís Seoane de Mera.

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE de ROALD DAHL
A cargo de Soledad Felloza
- 4 de abril, ás 10:30 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz,  dirixido a alumnado de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

UN CONTO DE TRES NOITES de XABIER P. DOCAMPO
A cargo do contador de contos Caxoto
- 6 de abril, ás 10:30 e ás 11:30 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz,  dirixidos a alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.