22/12/09

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 18 de decembro:
- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Lúa do Senegal" de Agustín Fernández Paz e ilustracións de Marina Seoane, editado por Xerais.
- Mozos-as e adultos-as:

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/12/09

Ler para saber: 18 de decembro

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

"Insectos curiosos": Ana Varela e Clara e Daniel Sánchez, alumnos do Colexio Público Valle-Inclán realizarán unha introdución á charla de divulgación científica "Curiosidades dos insectos" a cargo da profesora María del Mar Domínguez do C.E.I.P. A Rabadeira.
Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica.

14/12/09

Axóuxeres: contos de Nadal

“AXÓUXERES”: contos de Nadal
O mércores, 16 de decembro, ás 18.30 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, terá lugar o contacontos titulado “Axóuxeres” a cargo da actriz Soledad Felloza, que contará diversos contos de Nadal, dirixidos a nenas e nenos maiores de 4 anos.

“Son contos que suceden nunha cociña igual á da túa casa, nunha mochila como a túa, ou nun peto furado como o do teu pantalón. Maxia para escoitar, só os que aínda conservan o espírito alegre”.

É unha actividade gratuíta, pero debido a que as prazas son limitadas, é imprescindible invitación. Poden recollela na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo ou na Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Santa Cruz.

Biblioteca de Lorbé: Estamos de Nadal

¿Non te decatáche? achégase o Nadal...

Achégate tí tamén á biblioteca e participa na súa decoración. Utilizaremos pinturas, cartuliña, plastilina, algodón, papel de aluminio, etc. Tamén faremos un Belén con paos, herba, musgo e demáis materiais naturais.

Podes participar so/soa ou acompañado/a dun adulto/a, no horario habitual da biblioteca e durante o mes de decembro e ata a festividade de Reis.

11/12/09

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 14 decembro 2009

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "Ada y el ardor" de Vladimir Nabokov.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Nabokov.

Tertulia Literaria en Rialeda: 16 decembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 18,00 a 20,00 h. (Atención: cambio de horario)

Comentaráse a obra "La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas Llosa

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Outras ligazóns relacionadas co autor:
- La obra de Mario Vargas Llosa (páx. non oficial)

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Mario Vargas Llosa.

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 11 de decembro:
Infantil (de 6 a 8 anos):
"A gaivota e o faro" de María José Lozano editado por Sieteleguas

Mozos-as e adultos-as: "Ella tan amada" de Melania G. Mazzucco en Anagrama.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/12/09

Ler para saber: 11 de decembro


Hora: 18,30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"As nosas mascotas": Iria Vázquez e Camila Hernández e
"As mascotas non son un xoguete", charla de divulgación científica a cargo do veterinario Enrique Orro .
Seleccionamos para ti libros e dvd
para esta charla científica.

4/12/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 9 decembro 2009 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "A praia dos afogados" de Domingo Villar
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outras ligazóns relacionadas co autor:
- Vídeo entrevista en Página 2 (RTVE)
- Encontro Dixital (Xornal El País)
- Vídeo promocional de "A praia dos afogados" (Youtube)

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Domingo Villar.

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 4 de decembro:

- Infantil (a partires de 9 anos):
"O día despois do día", de Manuel Lourenzo González, ilustrado por Enrique Flores.
Editado por Xerme Edicións e SM

- Mozos-as e adultos-as:
"Los que van a morir te saludan" de Fred Vargas
Editado por Santillana en Punto de Lectura

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/12/09

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 1 de decembro


Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 1 de decembro ás 18:30 para escoitar a Pablísimo na hora do conto. Os títulos serán: "O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira", "Arrepíos", "O Grúfalo"

30/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 30 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 30 de novembro ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "O día que olvidei pechar a billa", "Brancos e negros", "Cambios", "O meu papá"

27/11/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 27 de novembro:
-Infantil (de 6 a 8 anos):
"Soy el más guapo" de Mario Ramos
editado por Corimbo
- Mozos-as e adultos-as:
"Unha soidade demasiado ruidosa" de Bohumil Hrabal editado por Rinoceronte

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 27 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 27 de novembro ás 18:30 para escoitar a Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Os tres porquiños", "Bebé bigotes", "La boda de cerdito"

26/11/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 2 decembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Las abuelas" de Doris Lessing.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Doris Lessing.

Tertulia Literaria en Rialeda: 30 novembro 2009 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "El palacio de la Luna" de Paul Auster.

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Outras ligazóns relacionadas co autor:

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Paul Auster.

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 26 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 26 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto.

LEMBRA QUE É IMPRESCINDIBLE RECOLLER INVITACIÓN NA BIBLIOTECA RIALEDA PARA ASISTIR A ESTE CONTACONTOS!!!

23/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros: martes 24 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 20 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Martín y las galletas de coco", "La cocina de noche"

20/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 20 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 20 de novembro ás 18:30 para escoitar a Leticia Dotras na hora do conto. Os títulos serán: "A cear", "Onde está a miña nai?, "Conto coas mans", "Imos á cama"

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 20 de novembro:

- Infantil e Xuvenil:
"As bruxas" de Roald Dahl
Edicións Xerais de Galicia
"A historia dun rapaz e a súa avoa que se enfrontan á terríbel Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentras estas celebran o seu congreso anual nun hotel. Son bruxas que odian aos nenos pois considéranos suxos, fedorentos e polo tanto candidatos ao exterminio."

- Mozos/as e Adultos/as:
"La crisis ninja y otros misterios de la economía actual" de Leopoldo Abadía
Espasa Calpe
"A través do acrónimo inglés "ninja" (sen diñeiro, sen traballo estábel e sen patrimonio), o profesor Abadía explica dun xeito ameno a actual crise económica enlazándoa coa crise de valores."

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo B): AVISO IMPORTANTE

Comunícase as/os participantes deste grupo, que a sesión correspondente ao mércores 25 de novembro pasa ao día 30 - luns - no mesmo horario (17,30 - 19,30h.)

Non obstante, a partires do día 25 poderán recoller os exemplares da seguinte obra programada: "A praia dos afogados" de Domingo Villar.

Pregamos desculpen as molestias.

19/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 19 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo Cruz o xoves 19 de novembro ás 18:30 para escoitar a Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "El elefante encadenado" e "Olivia salva el circo"

18/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 18 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 18 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "A xoaniña rosmona", "Orejas de mariposa" e "Rato Tom e rata Tomasa"

17/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 17 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé o martes 17 de novembro ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "O día que esquecín pechar a billa", "Brancos e negros" e "Cambios"


16/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 16 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 16 de novembro ás 18:30 para escoitar a Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Os tres porquiños", "Bebé Bigotes", ""La boda de cerdito"

13/11/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 18 novembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30 h.
Comentaráse a obra "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outros enlaces relacionados con Domingo Villar:
- Encontro Dixital (Xornal El País)
Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Domingo Villar.



Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 13 de novembro:
Infantil (nenos e nenas maiores de 8 anos):
"A dama da luz" de
Agustín Fernández Paz. Idea e ilustracións de Jorge Magutis editado por Xerais


Mozos-as e adultos-as:
"El palacio de los sueños" de Ismail Kadare editado por Cátedra

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Biblioteca Rialeda: O mundo en galego

"O mundo en galego" son obradoiros de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual que serán o medio a través do que visitaremos países de todo o mundo, desde Galicia e en galego. Vanse desenvolver na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) os días 16, 17 e 18 de novembro

Luns, 16 de novembro, ás 18.30 h.
Eu tamén animo!
Duración: 2 horas
Actividade dirixida a nen@s a partir de 8 anos
NECESÍTASE INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA!!!
Teléfono: 981 63 95 11
Máximo 25 participantes

Martes, 17 de novembro, ás 18.30 h.
A grande viaxe: sucando mares, achegando historias
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a nen@s de 8 a 10 anos
NECESÍTASE INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA!!!
Teléfono: 981 63 95 11
Máximo 25 participantes

Martes, 17 de novembro, ás 19.30 h.
Tremelicantemente tremelicante
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a nen@s de 9 a 12 anos
NECESÍTASE INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA!!!
Teléfono: 981 63 95 11
Máximo 25 participantes

Mércores, 18 de novembro, ás 18.30 h.
Animar a ler desde a casa
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a pais e nais
Entrada libre

Mércores, 18 de novembro, ás 19.30 h.
Conta comigo
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a familias: nais e pais acompañados das fillas e fillos.
Idade dos nenos e nenas: de 4 a 7 anos
Entrada libre

Biblioteca de Lorbé: 20 aniversario da aprobación da convención dos dereitos do neno

A Convención dos Dereitos do Neno aprobada nas Nacións Unidas en 1989 é o primeiro código universal dos dereitos dos nenos e nenas. Os dereitos que proclama corresponden a todas as persoas menores de 18 anos, independentemente do lugar de nacemento, sexo, etnia, relixión ou clase social.
O vindeiro 20 de novembro, cúmprense os 20 anos desta Convención. Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé celebraremos o aniversario da súa aprobación desde o 16 de novembro ata o 9 de decembro de 2009. Con esta actividade pretendemos:
- Celebrar a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno
- Dar a coñecer os Dereitos do Neno e por extensión os dereitos humanos
- Aumentar o coñecemento e o respecto polos Dereitos do Neno
- Presentar diversos libros relacionados co tema
- Fomentar a lectura como un xeito de coñecemento e de lecer

Poderá participar o público en xeral, aínda que a selección de libros é para nenos e nenas.

12/11/09

Hora do conto na Biblioteca Ánxel Fole de Nós: venres 13 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 13 de novembro ás 18:30 para escoitar a Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "El elefante encadenado", "Olivia salva el circo"

Biblioteca de Lorbé



Exposición bibliográfica "20 anos sen guerra fría, 20 anos sen muro".
Selección de títulos


Do 9 de novembro ao 9 de decembro.