O año que é un porquiño, de Pim Lammers
Hércules
O primeiro que chama a atención cando abrimos o libro é a liña divisoria que aparece separando por un lado ás ovellas, todas branquiñas elas, felizmente pastando no prado, e por outro, aos porcos envorcándose na lama. Isto é así, é o costume e semella que non se pode cambiar. Ata que aparece o noso año, o protagonista desta historia, todo branquiño e que se pon a xogar na poza dos porcos. Todos, ovellas e porcos, quedan abraiados, sobre todo cando o año di: “É que son un porquiño!!!
Conto publicado en 2017 que é unha metáfora da transexualidade. Unha historia tenra e delicada que pode axudar a pais e nais a abordar esta temática.
- Mozos/as e adultos/as:
Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez
Galaxia
A historia deste libro empeza cando Daniel Pereira chega á vila lucense onde medrou para poñer unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, un importante empresario da comarca. Esta é a excusa para contar, sen alambiques, unhas vidas que se ven alteradas polo suceso. O que menos afectado se verá pola demanda é o propio Aurelio, xa que a súa mente se perdeu nas profundidades do Alzheimer.
A través de elementos costumbristas irase representando o que era a sociedade rural galega que viviu o franquismo, as dificultades para cambiar de clase social, o veto absoluto ás relacións de parella que non remataban en matrimonio, o continuo medo ao que dirán e por suposto, o tema da emigración galega. E cun final que desvela, como di o título, “Unha verdade amarga”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.