11/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 11 de febreiro:

-Infantil:
Editado por Kalandraka
Madame Pôl ofrécese voluntaria nunha actuación dun mago. Acontece o que ninguén agardaba: Madame Pôl desaparece.
Libro en tapa dura e con magníficas ilustracións.

-Mozos-as e adultos-as:

Editado por Tusquets
Joseph Dupuche, enxeñeiro, chega a Panamá para traballar nunha empresa. Esta atópase sen fondos e vese obrigado a vivir no barrio negro, un arrabaldo pouco recomendábel.
Un libro dun escritor clásico plenamente actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

Cartel Ler para saber A CIENCIAEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 11 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Iván Ceán Vázquez e Lucía Escacha Arroyo, de 6º curso, do Colexio Público Valle Inclán de Perillo, falarán de "Os ósos" previamente á charla "Mutantes..." a cargo do doutor Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, no Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, da área de coñecemento de Xenética, da Facultade de Ciencias.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.