22/12/23

Recomendacións en Radioleiros: 22 decembro 2023

- Infantil (a partir de 3 anos):

A pantasma das bragas rotas, con textos de José Carlos Andrés e ilustracións de Gómez.
NubeOcho

En Castrelo Pesadelo todo o mundo vive aterrecido porque alí vive a pantasma das bragas rotas. A pantasma asusta ás veciñas e aos veciños a todas horas e xa están fartos de non poder vivir tranquilos.
Finalmente o problema solucionarase con pragmatismo e sobre todo con moi bo humor.


- Mocidade e persoas adultas:

Furia, de María Reimóndez
Xerais

Versión dixital en Galiciale

Cecilia é unha adolescente de dezaseis anos que queda orfa xusto antes da pandemia.
Como ela mesma di “Non teño nai nin pai. Ou, mellor dito, por esa orde, pai nunca tiven e nai, morreu xusto antes da pandemia. Unha putada, pero non quero pensar no que sería se chegase a pasar durante. Vivo coa miña avoa, que en realidade é a  miña tía avoa, pero iso é demasiado complicado de explicar polo de agora...”.
Cecilia é incapaz de convivir cunha dor tan grande. A isto súmanse a pandemia e a precariedade porque súa nai, ademais de ser a persoa máis querida, era a que facía fronte aos gastos da casa. Cando a cousa parece que xa non pode empeorar máis atópase co boxeo. Grazas a este deporte, e ao apoio de certas persoas, Cecilia vai atopar a confianza nas propias forzas.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/12/23

21 decembro 2023: entrega de premios ás-aos usuarias-os que máis fondos bibliográficos levaron en préstamo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

21 decembro 2023: entrega de premios ás-aos usuarias-os que máis fondos bibliográficos levaron en préstamo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
Data:
xoves 21 de decembro
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 18:00 h.
Na sociedade actual é necesario que as bibliotecas públicas traballen na promoción da lectura, pero tamén en atraer a todos os sectores da poboación para colaborar na consecución dunha sociedade máis culta, igualitaria e cohesionada. 
Considerando isto, desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, cos obxectivos de atraer a toda a poboación ás bibliotecas, fomentar a lectura e o préstamo de fondos bibliográficos, programáronse a creación duns premios ás usuarias e usuarios que máis fondos bibliográficos levasen en préstamo. 
As persoas gañadoras extráense dos datos que aporta o programa de xestión de bibliotecas, no seu módulo de préstamo, e son usuarias e usuarios de calquera das sete bibliotecas municipais de Oleiros: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso de Dorneda, Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado de Mera, Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros, Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós e Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé. Son as que máis fondos bibliográficos (libros, revistas, discos e/ou DVD), relacionados coas súas idades, levaron en préstamo a domicilio durante o ano 2022.
Os premios consistirán en tarxetas regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico.
Definíronse 4 categorías:
- Menores de 6 anos
- De 6 a 11 anos
- De 12 a 17 anos
- A partir de 18 anos
Para cada unha das categorías establecéronse 3 premios:
- 1º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 100 €.
- 2º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 75 €.
- 3º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 50 €.
Na categoría de “A partir de 18 anos” hai un empate no 3º premio polo que se entregarán dous premios.
*Ás 18:30 h., finalizará o acto co espectáculo de maxia titulado “Maxia de aquí e de acolá” coa actuación do mago David Méndez.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

AVISO: Días de peche das bibliotecas en decembro 2023

 

Biblioteca "Mª José Ruso" (Dorneda)
Pechada ao público:
- Martes 26 de decembro.
- Mércores 27 de decembro.
- Xoves 28 de decembro.
- Venres 29 de decembro.

Biblioteca "Ánxel Fole" (Nós)

Pechada ao público:
- Venres 22 de decembro.
- Mércores 27 de decembro.

Biblioteca "Mª José Trincado" (Mera)
Pechada ao público:
- Xoves 28 de decembro.
- Venres 29 de decembro.

Biblioteca "Xograr Mendiño (Lorbé)
Pechada ao público:
- Venres 22 de decembro.

Os sábados 23 e 30 de decembro estarán pechadas todas as bibliotecas.

Pregamos desculpen as molestias.

Felices festas e venturoso ano 2024!

18/12/23

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 19 decembro 2023 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz
17:30 a 19 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "Desgracia" de J. M. Coetzee.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La impaciencia del corazón" de Stefan Zweig.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 19 decembro 2023 (Grupo C)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz
11 a 12:30 h.

Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada..

Comentario de "Retrincos" de Castelao.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri.

Tertulia literaria en Mera: luns 18 decembro 2023 (Grupo B)

Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.
Comentario de "Ninguén queda" de Brais Lamela.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El colibrí" de Sandro Veronesi.