23/3/19

Hora do conto e actividades infantís: 25 a 29 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 25 de marzo, ás 17:30

Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
MONITORADO: El caldero de Peltre
ACTIVIDADE: “Un día de clases en Hogwarts”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 26 de marzo,
ás 18:30
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “De Tin Marín”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 27 de marzo,
ás 17:30 
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
MONITORADO: Sonia Ojea
ACTIVIDADE: “Obradoiro de encadernación (Scrapbooking)”

 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 28 de marzo,
ás 17:30 
Para nenas-os de 8 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 
MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
ACTIVIDADE: “Vive a súa historia”

 

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 28 de marzo,
ás 18:30
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)   
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Xa verás!!!"


Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera 
Venres 29 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)   
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos e cantigas populares"

Homenaxe a Xabier P. DoCampo

http://xabier-docampo.gal/documents/24.html
Con esta homenaxe queremos lembrar o escritor e amigo Xabier P. DoCampo organizando diversas actividades e exposicións bibliográficas e convidar a todo o alumnado a que leven os seus libros en préstamo para que gocen coa súa lectura.

- Un conto de tres noites, a cargo do contador de contos Caxoto.
22 de marzo, ás 10:00, Biblioteca Municipal “Manuel María” (Oleiros), para alumnado de 4º  de EP do CEIP Rabadeira.
Deixarémonos levar polo enigma que fai que unha illa xurda do medio do mar sen previo aviso. Que malos augurios pode traer? Acaso o inmenso mar non gardará alá no fondo historias e segredos que ninguén coñece?

- A nena do abrigo de astracán, a cargo da actriz e contadora de historias Soledad Felloza.
26 de marzo, ás 10:00, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas.
Esta novela é unha viaxe a esas tardes de cine en localidades pequenas. O percorrido desas películas alongábase coas persoas que logo repetían o argumento en cada casa. A nena da obra enche os ocos do seu corazón cos mundos que imaxina máis aló da pantalla.
Paralelamente asistimos a un mundo onde hai xenreiras, prexuízos, intransixencias, traxedias e un mundo máxico que traspasa a vida cotiá das xentes que ven con asombro o milagre que acontece no corazón da carballeira de Ribadeínsua na segunda metade dos anos 40. En tempos nos que "as forzas vivas" dun pobo pequeno deciden as vidas das persoas, xorde a voz de Susana que sofre por ser orfa...  

- Cando petan na porta pola noite, a cargo do contador de contos Caxoto.
5 de abril, ás 10:15 h. e ás 11:35 h., na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), para o alumnado de 5º de primaria do CEIP Valle Inclán.
10 de abril, ás 10:35 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), dirixida a alumnado de 1º de ESO do IES María Casares.
12 de abril, ás 10:30 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), dirixida a alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores.
Xabier P. DoCampo demostrou posuír ao longo de toda a súa traxectoria unha especial habilidade para recoller a esencia da oralidade galega e trasladala á súa obra. Neste espectáculo farase un percorrido polas historias contidas nun dos seus libros máis premiados Cando petan na porta pola noite (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, entre outros galardóns). Nelas exploraremos a Terra Chá natal do autor, as lendas espalladas por toda a súa xeografía, as nosas tradicións...

- Contos de medo que deixan durmir, a cargo do contador de contos Caxoto.
2 de maio, ás 10:00, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), dirixida a alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas.
A través destas historias o alumnado aprenderá unha maneira de afrontar o medo, de rirse del, a sacarlle proveito e a convertelo nunha porta cara un mundo cheo de aventuras e fantasía. Servirase da música, a imaxe e a maxia nunha sesión onde o público será unha parte máis do espectáculo.

- Cun ollo aberto e... a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
21 de maio, ás 10 h., na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), dirixida a alumnado de 2º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.
Peza de narración oral baseada na obra Cun ollo aberto e outro sen cerrar de Xabier P. DoCampo, formada por 16 relatos breves moi influenciados pola literatura de tradición oral e os contos marabillosos, pero destacando a relación entre realidade e fantasía tan característica do autor.

Actividades de promoción da lectura: de 25 a 29 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 25 a 29 de marzo:
Luns 25 de marzo:
- 10:30: Alumnas-os de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba. 
Martes 26 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"A nena do abrigo de astracán" con Soledad Felloza. 
Mércores 27 de marzo:
- 9:45: Alumnas-os de 1º de ESO do Colexio Cristo Rey (Oleiros). 
"Visita á Biblioteca e contacontos con Ramiro Neira".
Xoves 28 de marzo:
- 9:45: Alumnas-os de 1º de ESO do Colexio Cristo Rey (Oleiros). 
"Visita á Biblioteca e contacontos con Ramiro Neira". 
Venres 29 de marzo:
- 9:45: Alumnas-os de 1º de ESO do Colexio Cristo Rey (Oleiros). 
"Visita á Biblioteca e contacontos con Ramiro Neira".
Martes 26 de marzo:
- 10:00 e 11:00: Alumnas-os de 1º e 3º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Cores e persoas", a cargo de Trinke Trinke. 
Mércores 27 de marzo:
- 10:30: Alumnas-os de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético-visual", a cargo de Yolanda Castaño.
- 11:45: Alumnas-os de 1º e 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Espectáculo poético-visual", a cargo de Yolanda Castaño. 
Venres 29 de marzo: 
- 9:30 e 11:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Pártome e móndome" con Isabel Andrés.

22/3/19

Ler para saber A CIENCIA: 22 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29418.pdf
Na Biblioteca Central Rialeda, dentro das conferencias de divulgación científica correspondentes ao programa Ler para saber, o venres 22 de marzo, ás 18:30 horas, terá lugar a charla titulada: 

“Imos experimentar” por Francisco Armesto, director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
Esta actividade está dirixida a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Recomendacións en Radioleiros: 22 marzo 2019

https://youtu.be/p2hPLAX7sW8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1048121&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20sacos%20area%20canals- Infantil (de 6 anos en adiante):

Os sacos de area, de Mireia Canals ; ilustracións de Sandra Aguilar
Baía

Co obxectivo de “recoñecer e saber expresar emocións e sentimentos”, Mireia Canals tráenos este texto para nenas e nenos que forma parte dunha serie na figuran entre outros a morte, a alegría, o medo, a preocupación e a asertividade.
Ana e Xabier protagonizan diversas aventuras como a deste título adicada á tristeza e que comeza cando racha unha caixa.


- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245361Intrusión, de Tana French
Alianza de Novelas

Na brigada de homicidios de Dublín traballan os detectives Antoinette Conway e Steve Moran. O ambiente non é satisfactorio pero compénsalles o interese polo seu traballo. Un novo caso que parece un exemplo claro de violencia doméstica complícase, dando lugar a unha trama escura que nos leva polos barrios da cidade cos seus bares e personaxes perigosos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


21/3/19

21 de marzo, Día da Poesía en Rialeda: Versoanimal!

O 21 de marzo é o Día da Poesía. Na Biblioteca Central Rialeda queremos conmemorar esta data coa expo Versoanimal, de libros de poemas de animais domésticos, salvaxes, acuáticos, terrestres, selváticos, nocturnos e un longo etcétera, para as-os nosas-os lectoras-es infantís e xuvenís. 
Goza destas poseías "animalísticas" e déixanos os teus versos para a nosa fauna particular!!!

18/3/19

Hora do conto e actividades infantís: 20 a 22 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 20 de marzo
Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os de
1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Cucú, tras tras”
 
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 21 de marzo
Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Poemar”
 
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Cores”

Tertulia literaria en Rialeda: 20 marzo 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-29084.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Astrid y Veronika" de Linda Olsson
Documentación

Seguinte lectura: "El vagón de las mujeres" de Anita Nair