27/3/26

Recomendacións en RadiOleiros: 27 marzo 2026

El 37 de la Calle Mayor de Lali MiróRecomendacións en RadiOleiros: 27 marzo 2026- Infantil (a partir de 4 anos): 
El 37 de la Calle Mayor de Lali Miró. En Destino.
Dispoñible en eBiblio
Nel é un rato que vive nunha cidade e observa que hai unha casa coas xanelas sempre pechadas. Un texto arredor dos pequenos detalles que fan do mundo un lugar mellor.


- Mocidade e público adulto:
As Escolas do Insiño Galego, edición e textos RDO Cultural, Carmen Martín, Segundo Saavedra. Editado pola Deputación da Coruña.
A experiencia pedagóxico-social dos anos vinte nada das Irmandades da Fala contada con documentos e un amplo material gráfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

24/3/26

Raios incesábeis para celebrar o Día Mundial da Poesía 2026

El rayo que no cesaRaios incesábeis para celebrar o Día Mundial da Poesía 2026 é unha obra mestra do poeta oriolano Miguel Hernández. Representa a dor amorosa, a paixón incontrolable, a morte e a anguria existencial que perseguen ao poeta como forzas inesgotables. O raio é unha enerxía destrutiva e penetrante --un amor apaixonado e doloroso-- que, igual ca unha tempestade, non descansa. 

Publicado en 1936, celebramos este ano o noventa aniversario da súa edición e queremos homenaxear ao poeta de Orihuela (Alacant) cunha expo cos seus versos dentro da conmemoración do Día Mundial da Poesía (21 de marzo).
Títulos dispoñibles en eBilio
Obras para préstamo en Bibloleiros

Visita a expo no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

23/3/26

Actividades de promoción da lectura: 24 a 27 marzo 2026

Actividades de promoción da lectura: 24 a 27 marzo 2026
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 24 a 27 marzo 2026

Martes 24 de marzo:
- 10:30 alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera). Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira.
Xoves 26 de marzo:
- 10:15 alumnado de 1º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós). Espectáculo Lúa quere viaxar a Marte con A Xanela do Maxín.
Venres 27 de marzo:
- 10:30 alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera). Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira.

Martes 24 de marzo:
- 10:30 alumnado de 2º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo) e ás 11:45 alumnado de 2º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz). Poesía universal contemporánea con Yolanda Castaño.
Mércores 25 de marzo:
- 10:30 alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz). Poéticas: unha viaxe pola poesía española con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.
Xoves 26 de marzo:
- 10:30 e 12:00 alumnado de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz). Obradoiro Superheroes con Miguel Cuba.
Venres 27 de marzo:
- 10:30 e 12:00 alumnado de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz). Obradoiro Superheroes con Miguel Cuba.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (24 e 25 marzo 2026)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz
(Grupo A)
- Martes 24 de marzo. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Gomorra" de Roberto Saviano.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 25 de marzo. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Documentación.
Ao remate entregaráse o caderno "Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual".

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].