24/9/21

Ler conta moito e actividades infantís: 27 de setembro a 1 de outubro 2021

Ler conta moito e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Luns 27 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
TÍTULO: “Extra!"

Martes 28 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
TÍTULO: “U-la lúa?"

Mércores 29 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Sarabela Teatro
TÍTULO: “Noa no espello"

Xoves 30 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Zoila Gulín
TÍTULO: “Turpin, o coello viaxeiro"

Xoves 30 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Trécola Teatro
TÍTULO: “O león azul"

Venres 1 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
TÍTULO: “Nova maxia para todxs"

Venres 1 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Batucado & Emusin
TÍTULO: “A bruxa Maruxa non quere ser bruxa"

                                                        AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena. 

Recomendacións en Radioleiros: 24 setembro 2021

- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"La oca boba" de Petr Horácek. Editado por Juventud.

Un libro con humor arredor das aspiracións deste animal con estupendas ilustracións do autor. 


- Mozas-os e adultas-os:
"Illa Decepción" de Berta Dávila. En Galaxia.

Podemos recuperar o que queda de nós nas casas onde vivimos hai tempo? Unha reflexión que xunta o confinamento, a vida familiar e o presente nunha novela orixinal e propia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

Proyecto Bululú en Ler conta moito na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 23/09/2021

Gravación do espectáculo "Contos do revés" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) o 23 de setembro a cargo de Proyecto Bululú

Podes vela (ata as 18:00 do 26/09) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeProyectoBululú!

Duende Sico en Ler conta moito na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 23/09/2021

Gravación do espectáculo "Elba e Marcos e os xoguetes encantados" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 23 de setembro a cargo de Duende Sico. 
 
Podes vela (ata as 16:00 do 26/09) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeDuendeSico!

23/9/21

Moc Moc-MeRe Clown en Ler conta moito na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 22/09/2021

Gravación do espectáculo "A verdadeira historia de Hamelín" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 22 de setembro a cargo de Moc Moc-MeRe Clown

Podes vela (ata as 16:30 do 25/09) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeMoc Moc-MeRe Clown!

22/9/21

Trémola Teatro en Ler conta moito na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 21/09/2021

Gravación do espectáculo "Dúas nenas moi, moi valentes" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) o 21 de setembro a cargo de Trémola Teatro. 

Podes vela (ata as 16:30 do 24/09) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeTrémolaTeatro!

21/9/21

Sarabela Teatro en Ler conta moito na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 20/09/2021

Gravación do espectáculo
"Naturizo e o espírito do bosque" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 20 de setembro a cargo de Sarabela Teatro. 
 
Podes vela (ata as 19:30 do 23/09) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeSarabelaTeatro!

Pakolas en Ler conta moito na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) 17/09/2021


Gravación do espectáculo
"Rockeamos todas con Pakolas" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) o 17 de setembro a cargo de Pakolas.

Podes vela (ata as 16:00 do 23/09) clicando nesta ligazón:  QueroCanciónsDePakolas!