6/5/22

Hora do conto e actividades infantís: 9 a 13 de maio 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos.
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Luns 9 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de aquí para nós"
 
Martes 10 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Contos escritos na nosa terra"

Mércores 11 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Proyecto Bululú
TÍTULO: “Un saquiño de palabras"
 
Xoves 12 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “Anuncio por palabras"
 
Venres 13 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de cerca"
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 6 maio 2022

- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Ardora, de Beatriz Maceda Abeleira
Urco

A escritora coruñesa Beatriz Maceda cóntanos a historia de Nereida, a protagonista, unha rapaza que vive na Costa da Morte, preto da praia de Soesto, coa súa familia, pouco convencional pero moi feliz. Cando as súas nais marchan a actuar co seu grupo a un festival en Bélxica, os rapaces quedarán a cargo da tía Lola, unha muller moi comprometida co medio ambiente pero moi caótica na súa vida diaria.

A “ardora”, esa fosforescencia mariña que a moita e moitos nos semella máxica, transfórmase aquí nunha historia que ilumina emocional e literariamente.

- Mozas/os e adultas/os:

Que me queres, amor?, de Manuel Rivas
Galaxia

Unha colección de relatos que o propio autor describe como “froito da liberdade e a melancolía”. O Amor é o protagonista indefinido en todas as historias: o amor do pai que vai traballar coa preocupación de non saber como nin onde pasou o seu fillo a noite; o amor á nai, de inefable semellanza, no recordo infantil, á leiteira que pintara Vermeer en 1660; o amor máis carnal de Carmiña, coa incómoda presenza do seu can Tarzán; o amor compasivo que chegan a sentir a lectora e o lector polo vello profesor rural da “lingua das bolboretas"...

Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

FDG na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

"Un feixe de poemas, poemiñas e poemoides": En "O soño do guieiro", publicado por Edicións do Castro, recóllense, en palabras do autor, “un feixe de poemas, poemiñas e poemoides” nos que dá mostras do seu talento satírico ao retratar ao ditador Franco ou describir o desleixo lingüístico de certos falantes galegos. Baixo este lema presentamos unha cronoloxía e escolma de textos de Florencio Delgado Gurriarán para dar a coñecer e difundir a súa obra. 

"Pintamos a Florencio": O público infantil será o encargado de poñer cor ao retrato de Florencio Delgado Gurriarán. Todos os debuxos serán expostos no mostrador de préstamo da biblioteca para dar a benvida ás-aos nosas-os usuarias-o durante todo o mes de maio.


Actividades de promoción da lectura: 10 a 13 de maio 2022

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 10 a 13 de maio:

Mércores 11 de maio:
- 10:15 e 11:30: alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Contos de aquí" con Ana Carreira.
Xoves 12 de maio:
- 10:30: alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Florencio Delgado Gurriarán: Letras 2022" con Trémola Teatro.
Venres 13 de maio:
- 10:15: alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Contos de aquí" con Ana Carreira.
 
Martes 10 de maio:
- 9:50: alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"A miñla historia" con Trémola Teatro.

5/5/22

FDG na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)

Poderás ver a exposición “Aí ven o maio” con libros
sobre Florencio Delgado Gurriarán e a celebración das Letras Galegas deste ano, información sobre esta festividade e libros dos autores máis representativos da nosa lingua. 
Queres realizar actividades relacionadas con este día, como as que propón a web da RAG? Achégate e participa!