- Infantil (a partir de 5 anos):
Bajo las olas, de Meritxell Martí con ilustracións de Xavier Salomó
Flamboyant
Dous nenos, unha praia. Un leva flotador e o outro non. Cando un pregunta ao outro "Non sabes nadar?", este séntese avergoñado, pero descubrirá que baixo as ondas todo é distinto, que hai tesouros agochados no mar que lle mostrarán sensacións novas e moi reconfortantes.
Unha historia moi emotiva que nos fará reflexionar sobre o medo ao rexeitamento, a vergoña e sobre todo ensinará a nenas, nenos e pesoas adultas a respetar e normalizar todo tipo de situacións.
- Mocidade e persoas adultas:
As alumnas, de Paula Carballeira
Galaxia
Con esta peza a autora gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática deste ano.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.