17/11/18

Ler conta moito e actividades infantís: 21 a 23 de novembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdfTodas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 21 de novembro
        
Para nenas-os de 1 a 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Aburiño”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 22 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Lilí na escola”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 22 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Máis alá das montañas ou atravesando o mar”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 23 de novembro
    
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
 
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Tralalí"

16/11/18

Recomendacións en Radioleiros: 16 novembro 2018

https://spark.adobe.com/video/ouScmw8WLFWEk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1437112- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"A miña profe é un monstro" de Peter Brown. En Alvarellos.
Brais era un rapaz que tiña un problema na escola. Chamábase a “Profe Lola”. Veíaa auténticamente coma un monstro: pel verde, pelo enmarañado, garras, grandes fauces cheas de dentes afiados. O certo é que a profe Lola berraba moito, máis ben, ruxía. Pero as cousas empezaron a cambiar un sábado pola mañá, cando Brais atopa á súa profe no seu lugar favorito: o parque… ”Vaites, que fastidio!!” O rapaz quería fuxir ou agocharse pero iso empeoraría as cousas, así que decide sentarse con ela no banco, morto de vergoña, por suposto! Unha serie de acontecementos foron cambiando, non só o concepto que Brais tiña da súa mestra, senón tamén os rasgos dela que se empezaron a suavizar. Agora ben, que pasará cando chegue o luns e se atopen de novo na escola?
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=808765- Mozas-os e adultas-os:
"El día antes de la felicidad" de Erri de Luca. Editado por Siruela.
Unha historia que transcorre no convulso Nápoles dos anos cincoenta. Unha cidade ofendida pola guerra que soubo rebelarse contra a ocupación alemana. Nun barrio dese Nápoles,
don Gaetano é o porteiro dun edificio e acolle na súa vida, case como un pai ao protagonista desta historia, un rapaz orfo, algo introvertido e con grandes inquedanzas polo saber. Destaca a amizade que se forxa entre don Gaetano e o rapaz, como o coida dende neno e lle ensina todo o que sabe, acompañándoo dende a súa infancia ata a súa madurez.
Un libriño que emociona, que soterra os medos e enorgullece a forza de saír adiante, de medrar ante as adversidades.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Maryse Condé, Premio Nobel alternativo de Literatura 2018

https://youtu.be/hAb8RyzR9uo
O Premio Nobel Alternativo de Literatura chégalle á narradora guadalupeña Maryse Condé (Pointe-à-Pitre, 1937) aos 81 anos. Tras varias semanas de campaña, durante as que un xurado de expertos da autodenominada “Nova Academia Sueca” deliberou e emitíu os seus votos, Condé alzóuse o pasado 18 de outubro co  prestixioso galardón. Na final, a obra narrativa da escritora antillana medíuse coas do inglés Neil Gaiman, a vietnamita Kim Thúy e o xaponés Haruki Murakami.
A orixe deste Premio alternativo remóntase ao pasado mes de maio, cando a Academia Sueca fixo pública a súa decisión de non entregar en 2018 o Nobel de Literatura, considerado o  galardón de Literatura máis importante do mundo. Tras estalar unha serie de denuncias por acoso e abusos sexuais contra un fotógrafo, parella dunha académica sueca, oito membros da institución expresaron a súa condena e indignación formalizando as súas dimisións. O xurado quedou así disolto e a Academia Sueca, fóra de xogo polo escándalo, non puido se non suspender a entrega do premio na súa presente edición.
Ante isto, un colectivo de intelectuais e libreiros suecos constituíu provisionalmente a “Nova Academia”, nacida coa vontade de encher ese baleiro circunstancial na historia do Nobel literario. Está previsto que se disolva tras a cerimonia de entrega do Nobel alternativo de Literatura a Maryse Condé, que se celebrará en Estocolmo no mes de decembro. Podes consultar no noso catálogo a bibliografía de Maryse Condé e d@s finalistas nas Bibliotecas de Oleiros e na Rede de Bibliotecas de Galicia.
                                                                         Parabéns, Maryse!!!
Fonte: ctxt.es

15/11/18

Ler conta moito e actividades infantís: 12 a 16 de novembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda) 
Luns 12 de novembro, ás 18:30    
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos coa boca chea”
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
 Martes 13 de novembro, ás 18:30         
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Familias diversas”
 

Teatro As Torres (Anexo á Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz) 
Mércores 14 de novembro, ás 18:30        
Para nenas-os a partir de 9 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
COMPAÑÍA: Pallasos en rebeldía
OBRA DE TEATRO: "O valo"

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
 
Xoves 15 de novembro, ás 17:30   
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITORADO: Manel Cráneo
OBRADOIRO: “Storyboard”
 

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 16 de novembro, ás 18:30   
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257) 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Unha presada de castañas”

Francisca Aguirre, Premio Nacional de las Letras Españolas 2018

https://youtu.be/UDwTdF6pIyo
A escritora Francisca Aguirre recibíu o Premio Nacional de las Letras Españolas 2018.
O premio concédeo o Ministerio de Cultura y Deporte e distingue o conxunto do labor literario, en cualquera das linguas do Estado, dunha-dun autora-o español, cuxa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual.
O xurado premiou esta obra por “estar a súa poesía (a máis machadiana da xeración do medio século) entre a desolación e a clarividencia, a lucidez e a dor, musitando (máis que dicindo) palabras situadas entre a conciencia e a memoria”.
Francisca Aguirre (Alicante, 1930), é filla do pintor Lorenzo Aguirre, a quen lle adicou o poemario "Trescientos escalones". É nai da tamén poeta Guadalupe Grande.
O seu primeiro poemario, premio de poesía Leopoldo Panero, foi "Ítaca". Desde entón, agás na década dos 80, a autora seguíu publicando a súa obra ininterrumpidamente. Gaña o Premio Nacional de Poesía en 2011 co poemario "Historia de una anatomía" (2010), libro co que gañou o premio Miguel Hernández 2010.
É autora de "Ensayo General" (Premio Esquío 1995), "Pavana del desasosiego" (Premio María Isabel Fernández Simal 1998), "Ensayo General. Poesía completa 1966-2000", un tomo con todos os libros de poemas escritos até o 2000 que obtén en 2001 o Premio da Crítica Valenciana ao conxunto dunha obra, "Nanas para dormir desperdicios" (Premio Alfons el Magnànim 2007) e "Historia de una anatomía" (2010) polo que recibíu o Premio Internacional de Poesía "Miguel Hernández-Comunidad Valenciana" e o Nacional de Poesía en 2011.
É autora do libro de relatos "Que planche Rosa Luxemburgo", Premio Galiana en 1994 e do libro de recordos "Espejito, espejito". As súas obras foron traducidas ao francés, italiano, portugués e árabe.
Lévate en préstamo os libros de Francisca que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda e goza coa súa lectura.                                        Parabéns, Francisca!!!
 

                                                                            Definitivamente amo
                                                                            el escándalo deslumbrante de la vida.
                                                                            Muy pocos paraísos comparables
                                                                            al asombro que nos regala la existencia:
                                                                            torpe, desesperada, incomprensible,
                                                                            audaz, consoladora, inabarcable:
                                                                            vida y dulzura, esperanza nuestra.
                                                                                                               (La herida absurda) 
Fonte: mecd.bog.es

14/11/18

Obra de teatro “O valo” por Pallasos en Rebeldía no Teatro As Torres (Santa Cruz)

https://issuu.com/bibloleiros/docs/cartaz_o_valo_1_e_2
Actividade: Obra de teatro O valopor Pallasos en Rebeldía. 
Lugar: Teatro As Torres, anexo á  Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Día: mércores, 14 de novembro, ás 18.30 horas.
No marco do Día Internacional para a Tolerancia, que se celebra o venres 16 de novembro, representarase no Teatro As Torres de Santa Cruz a obra de teatro “O valo”, para un público familiar (ideal a partir de 9 anos). A obra de teatro dirixida por Iván Prado e baseada no texto do mesmo título de Carlos Labraña foi gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
Busca promover a reflexión sobre as fronteiras e as situacións das persoas refuxiadas, ao tempo que se invita a transformar a realidade pensando nun mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un neno soldado, gardián das fronteiras que non por ser fronteiras deixan de ser movibles... “O valo” está escrita en homenaxe aos millóns de persoas que cada ano abandonan o seu país en guerra na procura doutros lugares máis seguros. 
Está obra está patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e organizada a súa representación polo Concello de Oleiros. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) ou chamando ao 981 626 338. 

Invitamos a todas as persoas que desexen asistir.

12/11/18

Exposición bibliográfica adicada a Emma Pedreira

http://www.crtvg.es/informativos/entrevista-emma-pedreira-ganadora-do-premio-xerais-de-novela-3940504
http://praza.gal/cultura/17800/emma-pedreira-lquerennos-perfectas-silentes-e-activas-pero-corpo-e-mente-non-poden-nin-deben-saltar-o-proceso-de-curacionr/A escritora Emma Pedreira foi galardoada co Premio Xerais de Novela 2018 por "Besta do seu sangue"

Coruñesa do 78, licenciada en Filoloxía Hispánica e activista de A Sega, autodefínese como "poetisa, dramaturguesa, narratriz. Axitadora cultural da súa casa e parte do rechán. Doutora cum laude en cueiros, purés e biberóns e a dúas mans. Especialista en contos nouturnos para baixar febres. Coordinadora dos Clubes de Lectura e de Escrita de canta causa se ten presentado. Colaboradora de quen se deixou".

En "Besta do seu sangue" indaga na vida e na psique de Manuel Blanco Romasanta, quen foi, que se saiba, o primeiro asasino en serie galego. A autora gañou tamén o Fiz Vergara Vilariño con "As voces ágrafas", aínda inédito. Alvarellos publicoulle "Antídoto", o poemario recoñecido co Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba. Neste último libro inclúese Lista da compra da viúva, poema que recibiu no 2017 o Premio Internacional Jovellanos como El mejor poema del mundo. Con "Bibliópatas e fobólogos" gañou o Premio da Crítica 2017. 

Visita a expo bibliográfica adicada a Emma Pedreira na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e goza da lectura dos seus libros. 
Parabéns, Emma!!! 
Fontes: praza.gal e asega-critica.net

Tertulia literaria en Rialeda: 14 novembro 2018 (grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-28918.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Mil soles espléndidos" de Khaled Hosseini
Documentación

Seguinte lectura: "Un amor" de Alejandro Palomas

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 novembro 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.eldiario.es/cultura/Alice_Munro-listas-Nobel_de_Literatura_0_184431920.htmlBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro

Seguinte lectura: "Retrincos" de Castelao