8/4/20

O Museo del Prado ábrenos as súas fiestras! #euquedonacasa

https://www.instagram.com/museoprado/channel/?hl=es
O Museo del Prado abre virtualmente a súas salas e fondos durante este período de peche obrigatorio. A través das redes sociais poderemos ver vídeos en directo de luns a venres de 9:50 a 10:00 comentando obras do museo. "El Prado contigo”, serve para presentar a súa colección, espazos e actividades menos coñecidas como as instalacións do Gabinete Técnico, cubertas ou a sala de máquinas. 
Os vídeos permanecerán no tempo en InstagramTV. Non te perdas estas interesantísimas curiosidades dun dos museos máis importantes do mundo, con máis de 35.000 obras.
Ofrecemos aquí tres mostras de vídeos que podes ver:
- Con Laura Fernández, Xefa de Vixiancia, na sala adicada ás paisaxes de Carlos de Haes.
- Leticia Ruiz, comisaria da exposición “Historia de dos pintoras. Sofonisba Anguissola y Lavinia Fontana”, fala dos problemas á hora de identificar a autoría de cada obra. 
- Sonia Tortajada, restauradora de escultura do museo, comenta as esculturas "Epimeteo" e "Pandora" atribuidas a El Greco.

Completa esta visita virtual coa novela "El museo de los espejos" de Luis Montero Manglano e "El maestro del Prado y las pinturas proféticas" de Javier Sierra, ambas en GaliciaLe

Abrimos a fiestra a "Puro cuento" que chega... do outro lado do Atlántico! #euquedonacasa

https://www.duna.cl/programas/puro-cuento
"Puro cuento" é un espazo da emisora de radio e televisión chilena Duna que ofrece podcast de contos, algúns deles moi coñecidos para as-os nosas-cativos. Pensado para as-os peques pero para gozar toda a familia. Do outro lado do Atlántico chegan fermosos contos como estes: "Gus y yo" de Keith Richards, “¿Yo y mi gato?” de Satoshi Kitamura, “La bella durmiente del bosque”, na versificación de Gabriela Mistral.
Se che gustan as historias contadas, podes escoitar o audiolibro "Cuentos para quererte mejor" de Álex Rovira en GaliciaLe.

Dez mulleres bravas: científicas e artistas galegas da nosa historia... entran pola nosa fiestra! #euquedonacasa

https://mcusercontent.com/853dab8ff7129b96d9b611cfb/files/4875b13e-eb60-43a2-a734-206a68f04ade/BRAVAS_Cient%C3%ADficas_e_artistas_galegas_da_nosa_historia._7H_Cooperativa_Cultural..pdf
Rosalía de Castro, Maruja Mallo, María Casares (protagonista, xunto a Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova e Juana de Vega, do noso Roteiro Cultural en 2012), María Wonenburger (muller protagonista do Roteiro Cultural 2014 das Bibliotecas Municipais), Concepción Arenal, a quen lle adicamos unha expo bibliográfica para conmemorar o bicentenario do seu nacemento en xaneiro deste ano... son algunhas das dez mulleres que recolle este fermoso traballo de divulgación de 7H Cooperativa Cultural

Dez fichas con info de cada unha das mulleres e un recortable para colorear. Na plataforma de libros electrónicos GaliciaLe podes completar a info deste traballo coa lectura dos "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" e os "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2".

Moitas grazas por estas mulleres bravas, 7H

7/4/20

Abrimos a fiestra... á Galicia dos anos 20 (do século pasado) #euquedonacasa

https://youtu.be/YQTzC_zN0hM
Entre 1924 e 1926 a fotógrafa de Nebrasca, Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred, tamén fotógrafo, por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer M Huntington.
Ruth fixo unhas 5.500 fotografías durante a súa estadía galega, dunha grande calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.
O documental “A viaxe de Ruth”, da Asociación Cultural Dous Punto Oito, dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosatrata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que o fotógrafo galego, Xosé Reigosa, percorra algúns dos máis importantes escenarios que Ruth fotografou, tratando  de realizar, na medida do posible, unha toma similar e comprobando os cambios de Galicia desde aqueles anos ata hoxe. O documental conta coa entrevista a distintas personalidades do campo da cultura que amplian o coñecemento da fotógrafa  sobre aquela Galicia. O documental tamén está dispoñible en GaliciaLe.
Parabéns, Dous Punto Oito!
Fonte: Asociación Cultural Dous Punto Oito

Abre a caixa de lapis para... colorear as súperheroínas-heroes de Roda! #euquedonacasa

https://www.instagram.com/josearoda/?hl=es
O ilustrador José Antonio Roda ten unha estética moi persoal e identificable. Roda deixou na Rede unha serie de debuxos en branco e negro para colorear. Un entretemento para axudar a explicar o lado máis solidario da crise do Covid-19. Para que as cativas-os, e as-os non tanto, lembremos quen están en primeira liña de combate da pandemia.

A editorial Am Forlag de Reykjavík publica libros que son un pracer para ler, reler e contemplar. Son os editores en Islandia dos libros do grande Tomi Ungerer, ao que lle adicamos esta suxestión en Radioleiros. Podes descargar nesta ligazón algunha ilustración do libro "El hombre de la luna" para colorear. 

Tes lista a caixa de lapis de cores? 

Se tes entre 12 e 18 anos, abre a fiestra... ao teu futuro! #euquedonacasa

https://en.unesco.org/news/unesco-and-idries-shah-foundation-launch-world-tales-short-story-competition
Tes entre 12 e 18 anos? Gústache escribir historias breves (de 250 a 500 palabras)? Pois xa estás tardando. A UNESCO e a  Idries Shah Foundation promoven o concurso de narracións breves “Contos do mundo”. O tema desta primeira edición é "Once upon a time in my future. Érase unha vez no meu futuro". O prazo remata o 31 de maio deste ano e han de ser obras orixinais de ficción escritas en inglés ou francés. 

Ben sabes que o cambio climático, as violacións dos dereitos humanos, os conflitos, racismo e todo tipo de discriminacións son algunhas das ameazas presentes. 
As-os xoves creativas-os sodes quen de atopar solucións anovadoras a estes e os desafíos que están por chegar.

Fabula sobre o teu futuro nestes días en que podes botar fóra o teu potencial creativo!

6/4/20

Escoitamos pola fiestra a música e a poesía de... Aute #euquedonacasa

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1431023&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20aute%2C%20luis%20eduardo
Deixounos Luis Eduardo Aute. Pintor, poeta e cantautor, consideraba que a súa aventura musical ía ser algo pasaxeiro. Pero a partir de 1978, ano no que fai o seu primeiro concerto durante un acto da CNT en Albacete e publica Albanta, algunhas das súas cancións, como Al alba, íanse convertir en verdadeiros himnos dunha xeración. Deixamos aquí a letra de La belleza, e recomendámosche que cando volvas a visitarnos ás Bibliotecas Municipais, leves en préstamo esta coidada edición que reúne "Toda la poesía" do polifacético autor nacido en Manila.

La belleza

                                                         Enemigo de la guerra                                                         
Y su reverso, la medalla,
No propuse otra batalla
Que librar al corazón
De ponerse cuerpo a tierra
Bajo el peso de una historia
Que iba a alzar hasta la gloria
El poder de la razón.

Y ahora que ya no hay trincheras
El combate es la escalera
Y el que trepe a lo más alto
Pondrá a salvo su cabeza
Aunque se hunda en el asfalto
La belleza.

Míralos como reptiles,
Al acecho de la presa,
Negociando en cada mesa
Maquillajes de ocasión;
Siguen todos los railes
Que conduzcan a la cumbre
Locos, porque nos deslumbre
Su parásita ambición.

Antes iban de profetas
Y ahora el éxito es su meta;
Mercaderes, traficantes,
Más que nausea dan tristeza,
No rozaron ni un instante
La belleza.

Y me hablaron de futuros
Fraternales, solidarios,
Donde todo lo falsario
Acabaría en el pilón.
Y ahora que se cae el muro
Ya no somos tan iguales
Tanto tienes, tanto vales
¡viva la revolución!

Reivindico el espejismo
De intentar ser uno mismo,
Ese viaje hacia la nada
Que consiste en la certeza
De encontrar en tu mirada
La belleza.