9/10/21

Ler conta moito e actividades infantís: 13 a 15 de outubro 2021

Ler conta moito e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

 
 
Mércores 13 de outubro 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Contos pola igualdade"

Xoves 14 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “En branco"

Xoves 14 de outubro  
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Iván Davila
TÍTULO: “Contos na lareira"

Venres 15 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Trasnadas"


                                                        AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

8/10/21

Expresión Producións en Ler conta moito na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 07/10/2021

Gravación do espectáculo "Contoaventuras" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) o 7 de outubro a cargo de Expresión Producións.

Podes vela (ata as 20:30 do 10/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeExpresiónProducións!

Trémola Teatro na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 07/10/2021

Gravación do espectáculo "A gran aventura dos animais" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 7 de outubro a cargo de Trémola Teatro.

Podes vela (ata as 19:30 do 10/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeTrémolaTeatro!

Recomendacións en Radioleiros: 8 outubro 2021

- Infantil (a partir de 4 anos):

¡Deprisa deprisa!, de Clotilde Perrin
Juventud, 2020

O protagonista desta obra é un neno que nos mostra como na época actual a maioría das cousas se fan de présa, vístese de présa para coller cos seus amigos o autobús, que atravesa a cidade como un lóstrego, chega a unha praia e suben a unha barca que surca a auga a toda velocidade, sen ter tempo nin para bañarse. Cando chegan suben a un avión que atravesa as nubes de présa, pero, onde están? O avión é un punto no ceo e el non foi o suficiente rápido.

Nesa louca carreira esqueceu de pararse a mirar a xoaniña que voaba, as árbores que había no seu camiño, o peixe que saltaba encima das ondas, o paxaro que cantaba... e a súa casa que o estaba agardando. Saborea o almorzo e pensa en todas as cousas que lle quedan por facer con calma, pouco a pouco, tranquilamente.


Estamos ante un libro que xa destaca só ao velo porque ten un formato diferente aos demais, é apaisado, isto xunto coas imaxinativas ilustracións provócanos sensación de movemento na primeira parte e tranquilidade na segunda.

É un libro que serve para reflexionar cos nenos/as de que a veces non paramos a observar o que nos rodea e gozar coas pequenas cousas como pode ser un riquísimo almorzo ou un xirasol brillando cara o sol.

- Mozas/os e adultas/os:

17 mujeres Premios Nobel de ciencias, de Hélène Merle-Béral
Plataforma Editorial, 2018

Presenta os Premios Nobel en ciencias concedidos a mulleres desde a súa creación en 1901 ata o ano 2015.

Nese período de tempo, en todas as categorías, o Premio Nobel concedeuse a 814 homes e a 46 mulleres, un 5,3%. Esta disparidade home/muller tan patente indícanos como a muller tivo un acceso moi restrinxido á cultura, ás ciencias e á posibilidade de formación. Ao mesmo tempo tamén vemos como solo son moi coñecidas unhas poucas como Marie Curie que o recibiu 2 veces, en 1903 na categoría de física (compartido con Pierre Curie e Henri Becquerel) e en 1911 na de química, ou a súa filla Irene Joliot-Curie que o recibiu en 1935 na categoría de química (compartido con Frédéric Joliot-Curie), ou Barbara McClintock que o recibiu en 1983 na categoría de fisioloxía ou medicina, Rita Levi-Montalcini que o recibiu en 1986 na mesma categoría (compartido con Stanley Cohen) ou Françoise Barré-Sinoussi, premiada en 2008 tamén na mesma categoría. As demais son máis descoñecidas e se as oímos nomear esquecémonos rapidamente do seu nome e apelidos.

Este libro pretende dar a coñecer quen foron estas 17 mulleres, a súa distinta procedencia familiar e social, a súa diversidade e características particulares, como cada muller tivo que loitar contra a súa problemática e tamén o traballo que lles levou realizar esas investigacións tan importantes para a humanidade. As súas investigacións abarcan un variado cadro: desde os fenómenos da radiación, o radio e o polonio, os factores do crecemento, o control xenético no desenvolvemento embrionario, o descubrimento do virus da inmunodeficiencia humana, etc.

Segundo a autora, a curiosidade intelectual e a busca do saber é a principal constante de todas estas científicas. O seu éxito acompáñase dun desexo de transmisión do saber e da ética científica, foron mulleres que destacaron nun ambiente en gran medida masculino, principalmente durante o século XX.
 

Esta interesante obra ofrécenos a ocasión de reflexionar sobre a importancia cultural e social de xénero na investigación científica.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/10/21

Iván Davila en Ler conta moito na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 05/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos na lareira" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) o 5 de outubro a cargo de Iván Davila.

Podes vela (ata as 17:15 do 08/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeIvánDavila!

Ler conta moito e actividades infantís: 4 a 7 de outubro 2021

Ler conta moito e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Luns 4 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Comezamos!"

Martes 5 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Iván Davila
TÍTULO: “Contos na lareira"

Mércores 6 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Comechíns, segundo prato"

Xoves 7 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “A gran aventura dos animais"

Xoves 7 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
TÍTULO: “Contoaventuras"

                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Ramiro Neira na Hora do conto na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 04/10/2021

Gravación do espectáculo "Comezamos!" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 4 de outubro a cargo de Ramiro Neira.
 
Podes vela (ata as 17:15 do 07/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeRamiro!

5/10/21

Presentación do libro "Gogobán y la pulsera misteriosa" de Zhienia Maisak

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o martes 5 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Gogobán y la pulsera misteriosa" de Zhienia Maisak.
A presentación correrá a cargo da autora que estará acompañada do axente editorial Manuel G. Ponte e do profesor Pablo Fuentes Trigo.

Zhienia Maisak é bielorrusa, pero desde hai cerca de vinte anos vive en Galicia. Licenciada en Filoloxía Hispánica tanto pola Universidade Lingüística de Minsk como pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde os nove anos escribiu e ilustrou os seus propios libros, máis tarde, sendo estudante, comezou a escribir artigos para un dos principais xornais do seu país Vecherny Minsk.
"Gogobán y la pulsera misteriosa" preséntanos a Fénix, un neno de nove anos que vive nunha localidade da costa galega e que atopa unha pulseira doutra galaxia. Desde ese momento a vida de Fénix e os seus amigos cambia para sempre...

É unha obra que recomendamos para nenas e nenos a partir de 10 anos. A historia xurdiu dos contos que lle contaba ao seu fillo Alberto. Os seus personaxes están inspirados en Alberto e nos seus amigos. 
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
As bibliotecas municipais invitan a todas as persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.

4/10/21

Batucado & Emusin en Ler conta moito na Biblioteca Ánxel Fole (Nós) 01/10/2021

Gravación do espectáculo "A bruxa Maruxa non quere ser bruxa" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) o 1 de outubro a cargo de Batucado & Emusin.
 
Podes vela (ata as 19:45 do 06/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeBatucado&Emusin!

Pedro Bugarín en Ler conta moito na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) 01/10/2021

Gravación do espectáculo "Nova maxia para todxs" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) o 1 de outubro a cargo de 1, 2, 3... O mago Pedro Bugarín!.

Podes vela (ata as 19:00 do 06/10) clicando nesta ligazón:  QueroAMaxiaDePedroBugarín!

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 5 outubro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Seda, de Alessandro Baricco
Documentación

Seguinte lectura: As voces baixas, de Manuel Rivas

1º trimestre nas Tertulias Literarias (Virtuais) de Santa Cruz

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Programación Grupo A:

- Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
    (23 de setembro a 19 de outubro)
- Sin muertos, de Alicia Giménez Bartlett
    (19 de outubro a 2 de novembro)
- Que me queres, amor, de Manuel Rivas
    (2 de 16 de novembro)
- Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
    (16 a 30 de novembro)
- El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez
    (30 de novembro a 11 de xaneiro)

Programación Grupo B:

- Seda, de Alessandro Baricco
    (21 de setembro a 5 de outubro)
- As voces baixas, de Manuel Rivas
    (5 a 26 de outubro)
- Unha casa en Amargura, de Elisa Vázquez de Gey
    (26 de outubro a 9 de novembro)
- Hijos del ancho mundo, de Abraham Verghese
    (9 a 23 de novembro [1ª parte] e 23 de novembro a 14 de decembro [2ª parte])
- Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
    (14 de decembro a 18 de xaneiro)