18/2/22
Recomendacións en Radioleiros: 18 febreiro 2022
14/2/22
Presentación dos poemarios "Sinais", "Coa luz negada" e "Na república da intimidade" de Ricardo Seixo Fernández
Acto no que irán alternando a presentación co recitado de poesía e que finalizará con música do grupo Maraxe.
Ricardo Seixo é poeta e mestre e traballou en diferentes localidades de Galiza. É un colaborador cultural da Asociación de Veciños da Agra do Orzán, unha asociación na que levan a cabo numerosas actividades. Como autor, ademais destas tres obras, tamén ten publicado: "Versos noctámbulos" e "Ollares".
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra.
Hora do conto e Entroido nas Bibliotecas de Oleiros: 16 a 18 de febreiro 2022
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 15.
- Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 16 febreiro 2022 (Grupo B)
Documentación
Seguinte lectura: "El corazón helado" de Almudena Grandes
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 15 febreiro 2022 (Grupo A)
Comentario de A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. Docampo
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Documentación
Seguinte lectura: La isla de las mujeres del mar, de Lisa See