17/10/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 20 a 24 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 20 de outubro
Para nenas-os  de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
COMPAÑÍA: Gargallando
TÍTULO: “Bibliotecas animadas: creación de imaxes en movemento”
 
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 21 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo”
 
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 21 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Intres
TÍTULO: “O soño do rato”
 
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 22 de outubro
Para nenas-os de 5 a 12 anos

COMPAÑÍA: Chrystian Magic
TÍTULO: “Na senda da serpe alada”
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 23 de outubro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
COMPAÑÍA: Xanela Ocio
TÍTULO: “Contos ao revés”
 
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 24 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: "Contos viaxeiros": “A formiga rebelde”, “O ruxido do león”, “O conto vacío”, “Un alto no camiño”
 
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Venres 24 de outubro
Para nenas-os de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
COMPAÑÍA: Gargallando
TÍTULO: “Bibliotecas animadas: creación de imaxes en movemento”
Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 17 de outubro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35517189/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113875- Infantil (a partir de 6 anos):

"La danza del tiempo" de Irene Aparici e Enrique Quevedo
Cuento de Luz

Fermosa obra que, mesturando ficción e realidade, achega o coñecemento do sistema solar e a mitoloxía aos máis pequenos. Compara o sistema solar cunha compañía de danza, na que a directora é dona sol, e explica como os oito planetas dan voltas ao seu redor, nun baile harmonioso e delicado. Ao mesmo tempo, para explicar a orixe do nome dos distintos planetas relaciónaos coa mitoloxía.

Un imaxinativo álbum, cunhas orixinais ilustracións, que vai gustar aos nenos e nenas, pero tamén aos pais, nais e profesorado que queiran introducilos no mundo da astronomía.

- Moz@s e adult@s:

"El mar" de John Banville
Anagrama

Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=98037
Autor irlandés que ademais de asinar as súas obras como John Banville, tamén escrebe novela negra co pseudónimo de Benjamin Black.

Tras a morte da súa muller, despois dunha longa enfermidade, o historiador de arte Max Morden, marcha a unha vila costeira, na que veraneou cos seus pais na infancia. O pasado convértese no seu refuxio, fronte ás dolorosas lembranzas de cando vivía con Anna, a súa esposa.
Intercala recordos da infancia e da adolescencia, outros da vida coa súa muller, xunto con partes nas que explica o que lle está acontecendo actualmente, tanto na casa de veraneo “Los Cedros” (lugar a onde se traslada), como na relación coa súa filla.
Sobre "Los Cedros" rememorará, especialmente, a súa relación coa familia Grace, que tanto o marcou. Ese verán será o inicio do descubrimento da amizade e o amor, pero tamén da dor.


Banville é coñecido polo estilo conciso e preciso da súa prosa. Esta obra gañadora do Premio Man Booker 2005 ou do Irish Book 2006, é unha conmovedora meditación sobre a perda dun ser querido, a dificultade para asimilar a dor e a desaparición dese ser, a nostalxia polos tempos pasados, xunto coa liberación que lle producen as lembranzas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/10/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 13 a 17 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 13 de outubro
Para nenas-os  de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
COMPAÑÍA: Gargallando
TÍTULO: “Bibliotecas animadas: creación de imaxes en movemento”
 

Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 14 de outubro
Para nenas-os de 2 a 10 anos
COMPAÑÍA: Teatro Calavera
TÍTULO: “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”
 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 14 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Carlos Coira
TÍTULOS: “Abrapalabra: maxia e poesía”
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 15 de outubro
Para nenas-os de 2 a 10 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULOS: “Aventuras na cociña”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 16 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Leo Leíño
TÍTULOS: “Maxia cómica”
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 17 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Raquel Galavís
TÍTULOS: "Cantacontos"
 

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Venres 17 de outubro
Para nenas-os de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
COMPAÑÍA: Gargallando
TÍTULO: “Bibliotecas animadas: creación de imaxes en movemento”
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

14/10/14

15 de outubro: Presentación literaria na Biblioteca Central Rialeda


Coa presenza do xornalista Pablo Portabales, o produtor de cine Javier Ozores, o editor e libreiro Manuel Arenas e o Párroco de Liáns José Carlos Alonso.

15 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria (Grupo A)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20159.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.




Datas Grupo A:
- Outubro: días 15 e 29
- Novembro: días 12 e 26
- Decembro: día 10

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.

13/10/14

Expo na Biblioteca de Santa Cruz: Nobel de Literatura, Nobel da Paz e Nacional de Narrativa


Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz podes contemplar unha exposición con libros dos-as últimos-as galardonados-as en distintos premios: atoparás os libros de Rafael Chirbes, Premio Nacional de Narrativa 2014, pola súa obra “En la orilla”; Patrick Modiano, Premio Nobel de Literatura 2014 e o libro “Yo soy Malala” que escribíu sobre as súas experiencias en torno ao dereito á educación que teñen todas e todos os nenos e  nenas, no seu caso baixo o rexime talibán, a xove Malala Yousafzai, Premio Nobel da Paz compartido co activista indio, tamén en materia de educación, Kailash Satyarthi.