26/9/15

Hora do conto e Ler conta moito: de 28 de setembro a 2 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
Luns 28 de setembro
MONITORADO: Maumarela
ACTIVIDADE: “Crea fósiles de dinosauro”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 29 de setembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “A maleta da avoa”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 30 de setembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de marionetas”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 1 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Bea Campos de Migallas Teatro
TÍTULO: “Contos do chupete”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
Venres 2 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Cinco lobitos”
 
Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

25/9/15

Recomendacións en Radioleiros: 25 de setembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/39812736/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=78149- Infantil (maiores de 8 anos):

Cando a porta do armario se abre e por ela sae un pequeno dinosauro, Olga non dá creto, e máis aínda cando este  pide que lle indique cal é a porta de entrada para o seu universo. Olga só coñece dos dinosaurios que desapareceron hai millóns de anos e non sabe como pode axudarlle a atopar o camiño para voltar ao seu mundo. Un documental sobre o Camiño de Santiago será a solución.

- Mozas/os e adultas/os:

Los hermanos Burgess, de Elizabeth Strout
El Aleph

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=117321Describe a vida adulta de tres irmáns, Jim e Bob Burgess que viven e exercen de avogados en Nova Iorque e Susan, xemelga de Bob que quedou a vivir na cidade que os viu nacer. A aparente tranquilidade que reina entre os irmáns rómpese por un desagradable incidente provocado por Zach, o fillo adolescente de Susan, contra a comunidade somalí asentada na cidade. 

A novela reflicte aspectos psicolóxicos e sociolóxicos da sociedade americana, a loita polos dereitos civís, o rexeitamento dos americanos aos musulmáns, a idea dos Estados Unidos como terra de acollida e a esperanza dun entendemento entre diferentes comunidades raciais.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/9/15

Hora do conto e Ler conta moito: de 22 a 25 de setembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdfTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Para nenas-os de 3 a 10 anos
Martes 22 de setembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contiario”
 

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 25 de setembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Larraitz
TÍTULO: “Monicreques nas mans”
 

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Para nenas-os a partir de 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
Venres 25 de setembro
ARTISTA: Chrystyan Magic 

TÍTULO: “Contos de maxia”  
Estes actos están incluídos no programaLer conta moitoda Rede de Bibliotecas de Galicia


21/9/15

Recomendacións en Radioleiros: 18 de setembro

 http://www.ipernity.com/doc/284673/39706586/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115157- Infantil (a partir de 12 anos):
"La cata" texto de Roald Dahl e ilustracións de Iban Barrenetxea, editado por Nórdica Libros.
O matrimonio Schoflield, pertencente á burguesía londiniense e a súa filla, agasallan aos seus convidados, entre eles o narrador da historia, cunha exquisita cea, na que asistidos por unha peculiar criada, os comensais degustarán ademais de suculentas viandas, espléndidos viños ofrecidos polo anfitrión que darán lugar a unha tensión de dimensións realmente insospeitadas, debido á presencia entre os invitados dun recoñecido enólogo que goza coas apostas.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"A boneca de Blanco Amor" de María Xosé Queizán, en Galaxia.
Os diferentes capítulos, ou “revelacións” como lle gusta á autora chamarlles, vannos levar desde Chile á Galicia, desde o século XVI ata a época actual, como se dunha crónica histórica e de viaxes se tratase, mesturada coa trama novelesca motivada polo descubrimento dunha boneca en Punta Arenas (Chile), na que María Xosé Queizán quixo ver a misteriosa dona do señor de Andrada, nomeada por Blanco Amor en A Esmorga, e que xogou un papel decisivo na obsesión sexual dun dos personaxes de dita novela.
Pero isto non é todo porque na novela aparecen multitude de temas que descobren o como
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116266  e o por que da nosa literatura, que falan de emigración, de descubrimentos, de mulleres que non se deixan levar facilmente pola paixón amorosa, de críticas a un científico como Darwin, convertíndose por riba de todo nunha homenaxe a un dos nosos mellores escritores en lingua galega.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.