22/8/25

Recomendacións en Radioleiros: 22 agosto 2025

- Infantil (a partir de 8 anos):

Los gatos de la escritora
, de Muriel Barbery, con ilustracións de Maria Guitart.
Seix Barral.

Un dos gatos de Muriel Barbery relátanos a súa experiencia como parte da familia da escritora. 
Humor, anécdotas e moito té verde neste libro con estupendas ilustracións.

- Mocidade e público adulto:

Golpistas e represores: retratos e memoria histórica de falanxistas galegos, de Luís Lamela.
Laiovento.

Un dos primeiros libros que trata dos vitimarios, aqueles que foron responsables da violencia en Galiza a partir de xullo de 1936: detencións, extorsións, violacións e asesinatos na retagarda, configurando un cadro amplo e detallado. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.