31/5/24

Recomendacións en Radioleiros: 31 maio 2024

- Infantil (a partir de 6 anos):

Ni Guau ni Miau, de Blanca Lacasa; ilustrado por Gómez
NubeOcho

Emotivo e divertido álbum ilustrado que ten como protagonista a Fabio. Un canciño moi especial que non se comporta como o resto dos cans. A súa familia fai todo o posible por axudalo, tíranlle a pelota para que a vaia buscar, ládranlle, intentan darlle mimos, pero nada. Max, o neno da casa, decatarase de que todas as noites, Fabio abandona a casa, así que decide seguilo. Será entón, cando todo teña sentido.
Un libro ideal para traballar e fortalecer a identidade e a autoestima.

- Mocidade e persoas adultas:

Llévame a casa, de Jesús Carrasco.
Seix Barral

Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio

A historia céntrase en Juan, quen regresa ao seu pobo, preto de Toledo, para asistir ao enterro do seu pai. A súa intención era a de pasar alí uns días e regresar a Edimburgo, onde residía dende había catro anos. Pero as cousas non soen sair como un espera e Juan verá truncados os seus planes cando, Isabel, a súa irmá lle da unha noticia. A súa nai precisa coidados e ela ten un importante negocio que pechar. Terá que ser Juan quen teña que asumir a responsabilidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/5/24

Ler para saber A CIENCIA: 31 de maio 2024

A bióloga Carmen Rioboo Blanco en Rialeda. Venres 31 de maio 2024
Ler para saber A CIENCIA: 31 de maio 2024Charla de divulgación científica dirixida á
poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 31 de maio
Hora: 18:30 h.

Investigación sobre microalgas
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía da Universidade da Coruña
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 29 maio 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "El adversario" de Emmanuel Carrère.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Los caballos de Dios" de Mahi Binebine.