21/4/23

Recomendacións en Radioleiros: 21 abril 2023

- Infantil (crianzas ata 6 anos):

Unha cor propia, de Leo Lionni
Kalandraka

O protagonista desta historia é un camaleón que envidiaba a todos os demáis animais por ter unha cor propia. A súa dependía de onde se pouxase. Decatouse que para el era imposible permanecer para sempre na mesma cor e iso púxoo moi triste. Niso, pasou por alí outro camaleón que ao velo tan abatido deulle uns sabios consellos.

Unha fermosa fábula sobre a búsqueda da propia identidade, a autoestima e a amizade

- Xoves e persoas adultas:

Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie
Random House

Conta a historia de Ifemelu, unha xoven nixeriana que viaxa aos Estados Unidos cunha beca fuxindo dunha ditadura militar. Cando baixa do avión, dase conta, por primeira vez, do que significa ser negra. Ifemelu deixará en Nixeria ao seu grande amor, Obinze, quen tiña pensado reunirse con ela. Pero o proxecto da xoven parella verase truncado. En Americanah hai crítica social, tanto da sociedade de EEUU como da do Reino Unido e mesmo da de Nixeria.

Unha novela moderna. Unha escrita áxil e refrescante.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/4/23

18 de abril: Aos faros de Mera. Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado

18 de abril: Aos  faros de Mera. Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
Aos faros de Mera: roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado.
Martes 18 de abril, ás 11:30 h.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza: Na Biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511. Na Biblioteca de Mera ou chamando por teléfono ao 981 628 507.
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.

Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.

Leranse fragmentos e poemas de:
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova  (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Miguel Hernández (Escribí en el arenal)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 19 abril 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "Espejo roto" de Mercè Rodoreda
Documentación

Seguinte lectura: "Adiós fantasmas" de Nadia Terranova

Programación tertulias en Rialeda, Santa Cruz e Mera: abril-xuño 2023

Biblioteca Central Rialeda

Grupo A:
- Adios fantasmas, de Nadia Terranova (19 de abril a 3 de maio)
- Sibila, de Rosa Aneiros (3 a 31 de maio)
- Canto yo y la montaña baila, de Irene Solá (31 de maio a 14 de xuño)

Grupo B:
- Llévame a casa, de Jesús Carrasco (12 a 26 de abril)
- As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro (26 de abril a 10 de maio)
- Hamnet, de Maggie O'Farrell (10 a 24 de maio)
- El señor Wilder y yo, de Jonathan Coe (24 de maio a 7 de xuño)

Biblioteca de Santa Cruz

Grupo A:
- Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga (25 de abril a 9 de maio)
- Las viudas de los jueves, de Claudia Piñeiro (9 a 23 de maio)
- La anomalía, de Hervé Le Tellier (23 de maio a 6 de xuño)

Grupo B:
- La anomalía, de Hervé Le Tellier (18 de abril a 2 de maio)
- Desgracia, de J. M. Coetzee (2 a 16 de maio)
- Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga (16 a 30 de maio)
- Las viudas de los jueves, de Claudia Piñeiro (30 de maio a 13 de xuño)

Biblioteca de Mera
- Tierra desacostumbrada, de Jhumpa Lahiri (17 de abril a 15 de maio)
- Un señor elegante, de Suso de Toro (15 de maio a 12 de xuño)