19/10/18

Ler conta moito e actividades infantís: 22 a 26 de outubro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Todos os actos serán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 22 de outubro     
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Lilí na escola”
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 23 de outubro     
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Velaivai”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 24 de outubro     
Para nenas-os a partir de 4 anos  
Aforo completo!!!
MONITORADO: Antía Otero e María Brenn
CONTACONTOS + OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN: "O branco non pinta"

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 25 de outubro 
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Cabaliño Hop”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)  
*AVISO*: esta actividade está anulada por baixa médica da monitora
Venres 26 de outubro
Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Gargallando
OBRADOIRO: “Construíndo o noso álbum ilustrado"

Recomendacións en Radioleiros: 19 outubro 2018

https://spark.adobe.com/video/Z119sZu7buEIdhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1357940- Xuvenil (nenas-os a partir de 12 anos):
"Frida" ilustrado por Benjamin Lacombe, texto de Sébastien Perez. En Edelvives.
A través da técnica do troquelado do papel con ilustracións superpostas que a-o lectora-lector pode cambiar ao seu antollo, este álbum constrúe a vida de Frida Khalo. Os autores crearon o albúm ao redor de nove temas que consideran como a columna vertebral da vida e obra de Frida: o accidente, a medicina, a terra, a fauna, o amor, a morte, a maternidade, a columna rota e a posteridade, simboloxía que aparece tamén no seu cadro "El venado herido”, nove frechas, nove puntas de cornos, nove ramas…
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1466081- Mozas-os e adultas-os:
"Senlleiras" de Antía Yáñez. En Galaxia.
Dúas mulleres, Alana e Alda, dous secúlos, pero as mesmas manipulacións e os mesmos sometementos pola sociedade patriarcal que as rodea. Elas, antes e agora, calan e asumen a súa suposta inferioridade e dependencia. A partir do suposto suicidio dunha famosa
influencer, cóntase unha historia de paralelismos entre a sociedade patriarcal de onte e a de hoxe, que demostra que aínda que algunhas cousas cambiaron, non son suficientes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/10/18

Tertulia literaria en Rialeda: 17 outubro 2018 (Inicio tempada grupo B)

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-28808.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La uruguaya" de Pedro Mairal
Documentación

Seguinte lectura: "Del color de la leche" de Nell Leyshon

Ler conta moito e actividades infantís: 17 a 19 de outubro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 17 de outubro,
ás 18:30         
Para nenas-os de 1 a 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Descubrindo ao meu redor”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 18 de outubro,
ás 17:30     
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITOR: Anxo Fariña
OBRADOIRO: “Salvemos as nosas fragas! con Ninfa e os Megatoxos”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 18 de outubro,
ás 18:30       
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A marabillosa viaxe de Nils Holgersson”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 19 de outubro,
ás 18:30     
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “O berce das verbas”
 

1º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2018-04-03T17:21:00%2B02:00&max-results=20&start=20&by-date=false

 Datas:
Outubro: día 24
Novembro: días 7 e 21
Decembro: días 5 e 19

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

1º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
La ley del menor de Ian McEwan

Datas:
Outubro: días 17 e 31
Novembro: días 14 e 28
Decembro: día 12

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

1º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
Outubro: días 15 e 29
Novembro: días 12 e 26
Decembro: día 10

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

15/10/18

Tertulia literaria en Santa Cruz: 15 outubro 2018 (Inicio tempada)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-28783.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Presentación da tempada 2018-19 e entrega da primeira lectura: "El día antes de la felicidad" de Erri de Luca.

O comentario desta obra terá lugar o luns 29.

15 de outubro, Día das Escritoras: presentación de “La aldea” de Silvia Salgado na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28794.pdf
http://tulipanesdefresa.com/al-otro-lado-de-la-pantallaDía: Luns 15 de outubro
Hora: 19:00

Lugar: Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz

O día 15 de outubro, Día das Escritoras, celebrarémolo coa presentación da última novela de Silvia Salgado, "La aldea" que conta a historia dunha aldea de China que tras sufrir un terrible terremoto hai que volver a construíla, a levantala. Como moitas veces pasa coas vidas, que teñen que renacer de novo tras quedar devastadas.
Silvia Salgado naceu en Badalona (Barcelona). Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e máster en Xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Columbia de Nova York. Os seus primeiros pasos profesionais dáos na radio (Onda Rambla Barcelona), pero a súa carreira laboral desenvolveuse nos Departamentos de Comunicación e Recursos Humanos dunha importante entidade financeira.
Nos últimos anos residiu en Bos Aires e tamén en Valdepeñas. É na cidade manchega onde aproveita a súa excedencia maternal para adicarse á súa verdadeira vocación: a escritura.
Na actualidade, reside en Oleiros, en Mera, concretamente.
Este libro é a segunda novela da autora, a primeira, “Mientras hilan las mariposas”, tamén presentada nesta biblioteca no ano 2016, foi moi ben acollida polo público.
Na presentación, estará acompañada por Pepe Taboada, profesora de lingua e literatura galega que leva máis de trinta anos adicada á docencia en diversos institutos de Galicia, quince deles no IES María Casares de Bastiagueiro.

Desde as bibliotecas municipais invitamos a todas as persoas que desexen asistir.

14/10/18

Día das Escritoras: 15 de outubro

http://diadelasescritoras.bne.es
O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas que, desde 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=5286&sortfield=Esta celebración lévase a cabo o 15 de outubro, no Salón de Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman a esta iniciativa como as Bibliotecas Municipais de Oleiros que organizan a exposición de monografías titulada "Biblioteca Violeta" adicada a obras de temática feminista no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para celebrar este día teremos a presentación da última novela de Silvia Salgado, "La aldea".
A comisaria do Día das Escritoras 2018 é Joana Bonet que escolleu o tema "rebeldes y transgresoras" que adica esta edición "á insumisión intelectual daquelas autoras que remaron a contracorrente e cuestionaron a orde que lles era imposta". 

En torno a elas realízase unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo.