5/6/09

Encontro Literario con Agustín Fernández Paz: 10 de xuño

Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 19 h.

Encontro con Agustín Fernández Paz, actual Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra “O único que queda é o amor” é un dos escritores de máis éxito da literatura galega.

Autor dunha longa obra narrativa en lingua galega, dirixida a un público infantil e xuvenil, na súa maior parte traducida a todas as linguas ibéricas e outros idiomas estranxeiros.

“O único que queda e ó amor” é un libro de relatos adicados ao amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Pero tamén é unha homenaxe do autor á lectura e á excelencia da escritura.

Obras de Agustín Fernández Paz nas nosas bibliotecas.

Tertulia Literaria: 10 xuño (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña dos Guardiáns)
Hora: 18 a 20 h.

Obras de Stieg Larsson nas nosas bibliotecas.

Con esta sesión remata a tempada 2008-2009.

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 5 de xuño:


Infantil:
Elmer de David McKee.
Editorial Xerais
Recomendada para nenos e nenas menores de 8 anos.

Moz@s e adult@s:
Festina lente de Marcos S. Calveiro.
Editorial Xerais
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/6/09

Hora do conto na Biblioteca de Mera: venres 5 de xuño

Ás 18:30
CONTACONTOS: Fran Ínsua
TÍTULOS: "O lobo que quería ser unha ovella", "Coidado coa ra", "Que pasa aí arriba?"

Ler para Saber: 5 de xuño

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)

Hora: 18,30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

"Investigacións sobre a pesca"

Charla de divulgación científica a cargo de Xaime Mejuto, doutor en bioloxía mariña.
Seleccionamos para ti libros recomendados para esta charla científica.

3/6/09

Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda: xoves 4 de xuño

Ás 18:30

Para nenos/as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Yaci y su muñeca", "Cuento popular de Brasil", "Corre, corre, cabaciña"

Para nenos/as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "O ovo máis bonito do mundo", "365 pingüíns"

Biblioteca Rialeda: Aviso Importante

O servizo de ordenadores da 2ª planta non estará dispoñible durante as mañás dos días 4, 5, 9 e 10 de xuño por mor da celebración dos Obradoiros de Ilustración e Cómic.
Os/as usuarios/as poden utilizar os ordenadores da sala infantil.

Pregamos desculpen as molestias.

1/6/09

Hora do conto na Biblioteca de Oleiros: martes 2 de xuño


Ás 18:30

CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "O ovo máis bonito do mundo", "365 pingüíns"

Hora do conto na Biblioteca de Dorneda: luns 1 de xuño

Ás 18:30
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke TÍTULOS: "Yaci y su muñeca", "Cuento popular de Brasil", "Corre, corre, cabaciña"

Obradoiros de Ilustración e Cómic: 4-12 xuño

Na Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca de Santa Cruz e Biblioteca de Oleiros.

Actividade dirixida ao alumnado de 4º, 5º, 6º de Primaria e 1º da E.S.O dos centros públicos do Concello de Oleiros.


Introducción á Ilustración
A cargo de Marisa Irimia.
Díptico

Introducción ao Cómic e Banda Deseñada
A cargo de Manel Cráneo.
Díptico (anverso / reverso)