18/3/23

Poetas en lata para celebrarmos o Día da Poesía, 21 de marzo

Poetas en lata para celebrarmos o Día da Poesía, 21 de marzo
Poetas en lata
, exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Lugar:Teatro As Torres (Santa Cruz)
- Día: 21 de marzo, Día da Poesía.
- Hora: 20:00 h.
Na inauguración da exposición poderase escoitar unha escolma de versos das autoras homenaxeadas nun recital poético, con música en directo, a cargo de Mariaxe Colaxe e Ángeles Dorrio (voz e música).
Poetas en lata é unha das series creadas pola artista Mariaxe Colaxe. Está composta por 30 colaxes de poetas do mundo, mulleres que merecen que a súa obra e a súa alma permanezan conservadas no mellor aceite, o da lembranza.
O pseudónimo Mariaxe Colaxe esconde á actriz galega Chus Álvarez e a súa faceta como colaxista. Comezou en 2021 a mostrar as súas pequenas obras en Instagram, e a arte plástica converteuse en moito máis que un divertimento para ela. Chus, á parte de actriz e colaxista, é narradora oral e escritora, e asume a colaxe como outra fermosa forma de contar historias. Poetas enlatadas, galegas: Alba Cid, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, María Lado, Lucía Aldao, Luisa Villalta, Lupe Gómez, Luz Fandiño,Luz Pozo Garza, Olga Novo, Pilar Pallarés, Pura Vázquez, Rosalía de Castro, Xela Arias, Xohana Torres, Yolanda Castaño. E tamén: Alejandra Pizarnik, Alfonsina Storni, Ana Luisa Amaral, Emily Dickinson, Gabriela Mistral, Gioconda Belli, Gloria Fuertes, Louise Glück, María Elena Walsh, Maya Angelou, Patricia Benito, Sylvia Plath, Wislawa Szymborska, Xitlalitl Rodríguez.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, para que gocen coa poesía e a exposición.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 22 marzo 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "Arenas movedizas" de Nella Larsen
Documentación

Seguinte lectura: "Espejo roto" de Mercè Rodoreda

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 21 marzo 2023 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.

Comentario de "Hamnet" de Maggie O'Farrell
Documentación

Seguinte lectura: "La uruguaya" de Pedro Mairal

Hora do conto: de 22 a 24 de marzo de 2023

Hora do conto: de 22 a 24 de marzo de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 22 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Rato canguro"
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 23 de marzo, ás 18:30 Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Amoriños contei”
CONTACONTOS: Tarabelos

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 23 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “A festa do porvir”
CONTACONTOS: Fran Amil

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 24 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “Contos con rima libre” Celebramos o Día da Poesía
CONTACONTOS: Paula Carballeira 

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2023

Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2023
- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"¡No quiero el cabello rizado!" de Laura Ellen  Anderson"¡No quiero el cabello rizado!" de Laura Ellen Anderson. Editado por Picarona.
Un conto narrado en primeira persoa por unha nena que odia por riba de todo o seu cabelo crecho e roxo. Faremos con ela o camiño desde a resignación a presumir de peiteados marabillosos, porque cando permitimos que as nenas e nenos se expresen fomentamos a aceptación dunha-dun mesma-o e das-dos demáis, poñendo en valor a diversidade.
 
"Non penses nun elefante rosa" de Antía Yáñez
- Mozos-as e adultas-os:
"Non penses nun elefante rosa" de Antía Yáñez. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Narra a vida de Aurora, unha moza independente onde as haxa, á que imos coñecendo dunha forma máis profunda e comprobando que a súa vida, aparentemente perfecta, non o é tanto. Entre outras moitas cousas porque a súa parella acaba de deixala e Aurora non é capaz de asumilo, de xeito que a súa saúde mental estase a resentir. A transformación virá da man de Brais, un raparigo de 10 anos que dará ese punto de frescor á narración.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/3/23

Actividades de promoción da lectura: 20 a 24 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 20 a 24 de marzo 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 20 a 24 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 20 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Martes 21 de marzo:
- 10:00 e 11:30 alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo) .
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Mércores 22 de marzo:
- 10:30 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"A nena que comía todos os contos" con Trémola Teatro.
Xoves 23 de marzo:
- Ás 10:30 alumnas-os de 5º de EI e ás 12:15 de 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Venres 24 de marzo:
- Ás 10:15 alumnas-os de 6º de EI e ás 12:15 de 6º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Asociación de animais solidarios" con Trinketrinke Teatro.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 21 de marzo:
- 10:30 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz) e ás 11:45 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Mércores 22 de marzo:
- 10:30 alumnas-os de 5º de EI e ás 11:30 de 6º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Venres 24 de marzo:
- 10:00 e 12:00 alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"O bo se breve" con Isabel Andrés.

14/3/23

Ler para saber A CIENCIA

Ler para saber A CIENCIA
Charlas de divulgación científica
dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Hora: 18:30 h. 
 
17 de marzo 
Poden os nenos e as nenas programar robots? 
Carlos Méndez Rodríguez. Licenciado en Informática 
 
14 de abril
A célula: unidade fundamnetal da vida
Raquel Iglesias Reinoso. Doutora en Bioloxía

12 de maio
Cambio climático
Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

26 de maio
As mascotas non son xoguetes
Jacqueline Vázquez González. Veterinaria

6 de outubro
Os microorganismos e as microalgas
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

27 de outubro 
Alimentación saudable na idade escolar 
Uxía Rodríguez Lavandeira. Dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC) 
 
10 de novembro 
Árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Rialeda 
Miguel Sánchez. Fotógrafo
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria


Kenzaburō Ōe: a conciencia crítica do Xapón, 1935-2023

Kenzaburō Ōe: a conciencia crítica do Xapón, 1935-2023

Kenzaburō Ōe, naceu en 1935 nunha pequena aldea da illa de Shikoku. Finou o pasado 3 de marzo. Marcado por dous acontecementos, a Segunda Guerra Mundial e o nacemento do seu fillo, a súa obra divídese naqueles libros que cuestionan os mitos nacionais, reflectindo a historia de Xapón e o choque da súa sociedade tradicional fronte á modernidade, e naquelas outras centradas na súa vida familiar, a convivencia co seu fillo e a creación literaria. A obra literaria de Kenzaburō Ōe centrouse na vontade de transmitir as transformacións da sociedade moderna. Foi recoñecido pola súa firme postura antibelicista que o levou a defender a paz e a manifestarse contra a guerra nuclear. Pertenceu a aquela xeración na que a Segunda Guerra Mundial deixou unha profunda fenda e á vez que a esperanza dun mundo mellor. A chegada do seu fillo Hilari en 1963 foi a segunda ferida da súa vida. A súa doenza víuse reflectida na súa literatura en títulos como "Una cuestión personal" ou "Dinos cómo sobrevivir a nuestra locura".
 
Ōe estudou literatura francesa na Universidade de Tokio, unha formación que marcou a súa literatura xa que sempre se considerou moi influido pola narrativa gala, especialmente por Sartre.
En 1958, gañou o premio Akutagawa para xoves autores con "La presa", sobre un piloto afroestadounidense cativo nunha comunidade rural xaponesa durante a Segunda Guerra Mundial, e nese mesmo ano, publicou a súa primeira gran novela, "Arrancad las semillas, fusilad a los niños", fábula social sobre a infancia dun correccional en Xapón durante a guerra.
 
A súa consagración chegaría en 1994 cando obtivo o Nobel de Literatura. Ata os seus últimos anos continuou sendo un gran loitador pola paz como o foi durante toda a súa vida.
 
O seu libro "La bella Annabel Lee" (dispoñible tamén en eBiblio) foi unha suxestión nas Recomendacións en Radioleiros. Podes visitar a expo bibliográfica adicada a Kenzaburō Ōe no vestíbulo da Bibliteca Central Rialeda (Perillo).

13/3/23

14 marzo 2023: "Girls Just Wanna Have Fun" con Lesuiteband no Teatro As Torres

Conmemoración do Día da Muller
Teatro As Torres de Santa Cruz
Martes 14 de marzo ás 20 h.

O dúo Lesuiteband está formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros).

"Girls Just Wanna Have Fun" presenta un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado coa muller como protagonista, como: Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O'Connor, Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.

Algunhas das cancións que interpretarán son:
Girls Just Want to Have Fun (Cyndi Lauper)
Bad Girls (Donna Summer)
Hot Stuff (Donna Summer)
It's a Heartache (Bonnie Tyler)
I Will Survive (Gloria Gaynor)
Bette David Eyes (Kim Carnes)
Because The Night (Patti Smith)
True Colors (Cyndi Lauper)
What You Get Is What You See (Tina Turner)
Nothing Compares to You (Sinnead O'Connor)
Ironic (Alanis Morissette)
Beautiful (Christina Aguilera)
Back to Black (Amy Winehouse)

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, para que gocen coa música.

12/3/23

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 14 marzo 2023 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "Americanah" (1ª parte) de Chimamanda Ngozi Adichie
Documentación

Na seguinte sesión (28 de marzo) completarase a lectura de "Americanah".

Tertulia literaria en Mera: luns 13 marzo 2023

Biblioteca "María José Trincado". Mera
19 a 20:30 h.

Comentario de "Infamia" de Ledicia Costas
Documentación
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

Seguinte lectura: "Una madre" de Alejandro Palomas