18/3/16

Recomendacións en Radioleiros: 18 marzo 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=lendo+lendas+digo+versos+garcia+teijeiro&branch_group_limit=- Infantil e xuvenil (a partir de 10 anos):
 
Xerais

Unha magnífica obra que reúne tres grandes autores galegos: o poeta Antonio García Teijeiro, o investigador de literatura oral e mitoloxía galega Antonio Reigosa e o ilustrador Xosé Cobas.

Un libro fermoso e interesante que combina vinte lendas con cadanseu poema e cadansúa ilustración. Son lendas que proceden da nosa tradición, moi variadas tanto na concepción temática como na procedencia xeográfica. Hainas de mouras, de trasnos, de penedos, pero tamén de personaxes históricos como Pedro Madruga, etc., e cada unha destas lendas está acompañada dun poema e unha ilustración.
- Mozas/os e adultas/os:
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=fiesta+insignificancia+kundera&branch_group_limit=
Os protagonistas son cinco homes que viven en París. Desenvólvese en torno a unha festa de aniversario que un deles quere realizar. En sete capítulos os personaxes falan entre eles e así imos coñecendo as súas vidas e a súa forma de pensar.

Presenta con humor e ironía diversas temáticas, alternando con temas cotiáns, o que a veces dá unha sensación de absurdo e un sentir escéptico e desilusionado en torno á esencia da vida. Tamén hai anécdotas sobre a sensualidade do embigo e arredor de que parte do corpo é a máis sensual, e outras sobre o ditador soviético Stalin. É como un xogo para desmitificar o poder, ou para comentar a transcendencia do insignificante.

Unha novela sinxela, de só 138 páxinas, ben escrita, con letra grande e cun texto áxil e fácil de ler. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.