- Infantil (nenos-as menores de 8 anos):
"Hay un cocodrilo debajo de mi cama" de Mercer Mayer, en Corimbo.
Un fermoso álbum, cunhas magníficas ilustracións, que nos fala dos medos infantís á escuridade, dos temores que moitos nenos e nenas teñen á hora de ir deitarse.
O protagonista sabía que antes había un crocodilo debaixo da cama, seu pai e súa nai nunca o viran, pero el estaba seguro de que estaba alí. Cando se deitaba tiña que ter moito coidado. Ao mirar debaixo da cama, para velo, escondíase e nunca o atopaba. Como seus pais non lle crían, decidiu inventar unha estratexia para conseguir que o crocodilo marchara para outro lugar...
- Mozos-as e adultos-as:
"Lume de cobiza" de Miguel Anxo Fernández, editado por Galaxia.
É unha novela negra, a cuarta entrega das aventuras do detective de orixe galega, pero afincado en Estados Unidos, Frank Soutelo.
En agosto do 2006, Frank Soutelo veu pasar uns días á casa da súa tía en Muros e atópase con que hai unha vaga de incendios forestais que asolan todo. Alí, súa curmá pídelle se pode axudar a esclarecer a forma en que morreu o fillo dunha amiga de Sanxenxo, a autopsia di que faleceu por sobredose de heroína, pero seus pais non o cren. Pouco a pouco, ao ir avanzando na investigación, vaise ir metendo nunha trama na que priman os intereses inmobiliarios...
As outras novelas referentes a esta serie son: "Un nicho para Marilyn", "Luar no inferno", "Tres disparos e dous friames"."Hay un cocodrilo debajo de mi cama" de Mercer Mayer, en Corimbo.
Un fermoso álbum, cunhas magníficas ilustracións, que nos fala dos medos infantís á escuridade, dos temores que moitos nenos e nenas teñen á hora de ir deitarse.
O protagonista sabía que antes había un crocodilo debaixo da cama, seu pai e súa nai nunca o viran, pero el estaba seguro de que estaba alí. Cando se deitaba tiña que ter moito coidado. Ao mirar debaixo da cama, para velo, escondíase e nunca o atopaba. Como seus pais non lle crían, decidiu inventar unha estratexia para conseguir que o crocodilo marchara para outro lugar...
- Mozos-as e adultos-as:
"Lume de cobiza" de Miguel Anxo Fernández, editado por Galaxia.
É unha novela negra, a cuarta entrega das aventuras do detective de orixe galega, pero afincado en Estados Unidos, Frank Soutelo.
En agosto do 2006, Frank Soutelo veu pasar uns días á casa da súa tía en Muros e atópase con que hai unha vaga de incendios forestais que asolan todo. Alí, súa curmá pídelle se pode axudar a esclarecer a forma en que morreu o fillo dunha amiga de Sanxenxo, a autopsia di que faleceu por sobredose de heroína, pero seus pais non o cren. Pouco a pouco, ao ir avanzando na investigación, vaise ir metendo nunha trama na que priman os intereses inmobiliarios...
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.