15/12/17

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (decembro 2017)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27416.pdf
35 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda

Descarga a guía pulsando sobre a imaxe

Tertulia literaria en Rialeda: 20 decembro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27408.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Atención! cambio de horario: 18 a 20 h.

Comentario de "Onde houbo lume" de Marica Campo
Documentación

Seguinte lectura: "De noche, bajo el puente de piedra" de Leo Perutz


Recomendacións en Radioleiros: 15 decembro 2017

https://youtu.be/vhJbzDWzny0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1241410- Infantil - xuvenil (cómic):
"Astrid Bromuro: cómo aniquilar al Ratoncito Pérez" de Fabrice Parme. En Dib-buks.
Astrid Bromuro é unha rapaza de boa familia que vive nun palacete na cima dun rañaceos dunha gran cidade. Está convencida de que o Rato Pérez non existe e como está a piques de perder un dente de leite proponse demostrar a falsidade da lenda tendéndolle unha trampa, pero obviamente nada sairá como o tiña planeado.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=sapos+e+sereas&idx=au%2Cwrdl&q=cabaleiro&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda 
- Mozas-os e adultas-os:
"Sapos e Sereas" de Ana Cabaleiro. Editado por Galaxia.
Sapos e Sereas é unha colección de catro relatos e un epílogo. A autora parte de personaxes dos contos máis tradicionais de fantasía infantil, como o Lobo Feroz, a Sereíña ou os Reis Magos, para construír un mundo real, máis cru, no que aparece a violencia e os conflitos
do día a día.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/12/17

Presentación do libro de poesía ilustrada "A trazos" de María Míguez: venres 15 decembro na Biblioteca de Nós

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27372.pdf
O venres 15 de decembro, ás 19 h. na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós terá lugar a presentación do libro de poesía ilustrada "A trazos" da artista e poeta María Míguez.

Intervirá a autora María Míguez e a editora Puri Sánchez.

"A trazos", publicado pola editorial Piediciones, é un  libro de poemas e ilustracións que van da man en todo momento. A letra e a imaxe unidas nun continuo diálogo que dá sentido á esencia deste poemario.
               

               Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir!!!

Tertulia literaria en Rialeda: 13 decembro 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27381.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Una desolación" de Yasmina Reza
Documentación

Seguinte lectura: "Me llamo Rojo" de Orhan Pamuk