29/4/22

Hora do conto e actividades infantís: 4 e 5 de maio 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos.
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Mércores 4 de maio
Aforo completo!!!
TÍTULO: “Contos diversos"
 
Xoves 5 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Fran Amil
TÍTULO: “Os monstros xa non queren asustar" 
 
                                                        AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 29 abril 2022

- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"O cemiterio de barcos" de Francisco Castro. Editado por Galaxia.
O autor sérvese dunha bonita historia de amizade e amor entre David e Lucía, dous xoves que se coñecen nas vacacións estivais nunha vila da costa galega para promover a reflexión entre as-os adolescentes sobre temas como a violencia machista, o abuso de poder, a importancia da memoria histórica e a posibilidade doutras formas de amor máis igualitarias e menos tóxicas.

- Mozas-os e adultas-os:
"República luminosa" de Andrés Barba. En Anagrama.
Unha reflexión sobre un suceso ocorrido na cidade de San Cristóbal, contada en primeira persoa por un dos protagonistas e que narra a alarma social creada coa aparición dun grupo de nenas e nenos sen aparente ligazón que comezan a cometer certos excesos, que van desde pequenos roubos ata rematar en actos verdadeiramente violentos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 3 a 6 de maio 2022

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 3 a 6 de maio:

Xoves 5 de maio:
- 10:15 e 11:45: alumnas-os de 1º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Animaliños" con Ramiro Neira.
Venres 6 de maio:
- 10:15 e 11:45: alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Animaliños" con Ramiro Neira.
 
Martes 3 de maio:
- 12:00: alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Extra!" con Paco Nogueiras.
Xoves 5 de maio:
- 10:20: alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Hércules e o xigante" con Quique.
- 12:05: alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Venres 6 de maio:
- 10:15: alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"A vella da botella" con Lía Magalia.
- 11:30: alumnas-os de 1º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"A vella da botella" con Lía Magalia.