- Infantil (para nenas-os de 6 a 8 anos):
"Rato Solteiro" texto de Paco Liván e ilustracións de Marta Torrão en OQO.
A partir dun conto tradicional africano.
Rato solteiro era leñador. Un día, unha rapaza invitouno a comer e desafiouno a unha carreira: «se me pillas, caso contigo». Cando xa estaba a piques de atrapala, a rapaza tirouse ao río e Rato foi detrás. No fondo do río, nun mundo marabilloso escondíase a Raíña das Augas que lle dixo que se dentro de tres días era capaz de recoñecer á rapaza, casaría con ela, do contrario, gozaría dun ataúde..e unha, dúas, tres...quen sabe cantas princesas fermosas, todas iguais! Como ía recoñecer o pretendente á súa prometida?

- Mozas-os e adultas-os:
"La diabla en el espejo" de Horacio Castellanos Moya, editado por Linteo.
En forma de monodiálogo, Laura, a nosa protagonista empeza contándolle a unha muller
imaxinaria o asasinato da súa mellor amiga Olga María. Aparentemente unha esposa perfecta, muller exitosa de negocios e nai amorosa. Toda esta fachada íntegra, irase desmoronando a medida que Laura vaia desvelando as aventuras amorosas da defunta. A policía interprétao como crime paixonal, pero Laura ve indicios de conspiración política.
Castellanos critica unha sociedade superficial. Un país, El Salvador, onde os cartos e os narcotraficantes teñen máis poder e máis influenzas que o goberno ou as ideoloxías. Linguaxe, modismos, xiros, etc, típicamente salvadoreños que nos adentran na historia dun país envolto na corrupción e nos crimes.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.