28/8/15

Recomendacións en Radioleiros: 28 de agosto

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
- Infantil (maiores de 6 anos):  
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=83418
Un saco de estrelas, de Fina Casalderrey ; ilustracións de Enjamio
Xerais

Presenta unha muller extravagante, que vestía de forma rara, andaba descalza, levaba as uñas pintadas de varias cores, polo que había nenas e nenos que se metían con ela chamándolle tola, bruxa, e outros insultos, ao que ela respondía cun sorriso.

Chegaba coa primavera e cando camiñaba parecía que non tocaba o chan, non facía ruído ningún. Levaba sempre un saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de numerosas estrelas. Observándoa, pasaron de facer burla a sentir unha mestura de medo e fascinación, polo que unha tarde decidiron seguila. Entre estes/as nenos/as estaba Alba. Un día, Alba torceu un pé e tivo que permanecer en repouso, como seus pais non estaban sempre na casa, decidiron que quedara coa tía Lola durante dúas semanas. Foi daquela cando se decatou que desde a ventá dun dos cuartos da casa de súa tía se vía a casiña de Sobredorrio a onde ía esa muller extravagante... 


Fermosa obra que nos fala do respecto e a non discriminación das persoas que poden ser diferentes a nós, vestir ou comportarse dunha maneira distinta.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=crematorio+chirbes&idx=Crematorio, de Rafael Chirbes
Anagrama

Recomendamos a obra Crematorio a modo de homenaxe e lembranza do escritor Rafael Chirbes, recentemente falecido.

Unha novela sobre a corrupción urbanística en España, na que realiza unha revisión crítica da sociedade española de finais do franquismo e a transición.

A morte de Matías Bertomeu, antigo revolucionario transformado en agricultor-ecoloxista e o feito que desencadena o que vai acontecer ao longo do libro. O título xa fai referencia ao crematorio onde serán incinerados os seus restos.

Familiares e amigos lembran a súa relación con el. A dor, os pensamentos e a reflexión que provoca a súa morte en diferentes persoas: no seu irmán Rubén, un arquitecto e constructor sen escrúpulos enriquecido rapidamente que na súa mocidade tiña certos ideais, pero que foi perdendo co paso do tempo;  en Silvia, filla de Rubén, unha restauradora de arte oposta ao urbanismo salvaxe do pai,  casada con Juan Mullor, o catedrático que prepara a biografía do escritor Federico Brouard, vello amigo dos Bertomeu; en Ramón Collado, o home que fixo os traballos suxos do constructor; en Traian, o mafioso ruso, antigo socio de Rubén; ou en Mónica, a nova e ambiciosa segunda muller do constructor.


Presenta unha corrupción que o abarca todo, un urbanismo salvaxe,  un capitalismo desaforado, o control da mafia rusa, o poder dos cartos, as contradicións do ser humano, etc. Un libro excelente pero complexo, considerado pola maioría dos críticos literarios como unha das mellores obras da literatura española dos últimos anos.  Recibiu o Premio da Crítica no ano 2007, Premio Cálamo ao libro do ano 2007 e Premio Dulce Chacón.

Foi adaptada ao cine como miniserie de televisión (dispoñible na Biblioteca Central Rialeda) con excelentes críticas. Pepe Sancho como protagonista no papel do constructor Rubén Bertomeu.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


25/8/15

A Hora do conto e Ler conta moito de setembro a decembro de 2015: eis a programación!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
A Hora do conto e Ler conta moito de setembro a decembro de 2015: avanzamos a programación!!!
A partir do 22 de setembro e ata comezos de decembro, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaranse máis de 50 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 12 anos. Levaranse a cabo nas oito bibliotecas municipais e serán actividades moi diversas. Desde os tradicionais contacontos ata actividades de maxia, monicreques, creación de fósiles de dinosauros, etc.

As contadoras e contadores Paula Carballeira, Soledad Felloza, Raquel Queizás, Leo Leiño, Charo Pita, Larraitz, Ramiro Neira, Viravolta Títeres, Elefante Elegante, Bea Campos, Migallas Teatro, Caxoto, Marisa Irimia, Chrystyan Magic, Os contos de Pablísimo, Xandobela, Chío Couto Rendo, Maumarela, Magín Blanco, Pavís Pavós e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación. 

Algúns destes actos están incluídos no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Outubro: Xoves 1, "Contos do chupete" con Bea Campos para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Xoves 8, "Babamor" con Larraitz, para nenas-os de 5 a 10 anos.
Xoves 15, "O meu profe é un monstro" con Soledad Felloza, para nenas-os de 10 a 12 anos.
Xoves 22, "O coelliño branco" con Trinke Trinke, para nenas-os de 5 a 10 anos.
Xoves 29, "Contopoemas" con Charo Pita, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Novembro: Xoves 5, "Historias de arrepíos e noites escuras de inverno" con Paula Carballeira, para nenas-os de 10 a 12 anos.
Xoves 12, "Nano canto croac" con Raquel Queizás, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Xoves 19, "Ti tamén contas" con A Tropa de Trapo, para nenas-os de 5 a 10 anos.
Xoves 26, "Brummmmm" con Ramiro Neira, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Decembro: Xoves 3, "Contos fío a fío" con Pavís-Pavós, para nenas-os de 5 a 10 anos.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Mércores 30, "Obradoiro de marionetas" con Viravolta, para nenas-os de 5 a 10 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Outubro: Mércores 7, "Maxia cómica" con Leo Leíño, para nenas-os de 5 a 10 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Mércores 14, "Contos para bebés" con Pavís-Pavós, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade)
Mércores 21, "Contos de outono" con Marisa Irimia, para nenas-os de 5 a 10 anos.
Mércores 28, "Os contos que non me contaron" con Paula Carballeira, para nenas-os de 10 a 12 anos.

Novembro: Mércores 4, "Unha caixa máxica" con Soledad Felloza, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Mércores 11, "A raíña de Turnedó" con Trinke Trinke, para nenas-os de 5 a 10 anos.
Mércores 18: "Éche unha historia" con Ramiro Neira, para nenas-os de 10 a 12 anos.
Mércores 25: "Contos como a area" con Pavís-Pavós, para nenas-os de 5 a 10 anos.

Decembro: Mércores 2, "Contopoemas" con Charo Pita, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "Mª JOSÉ TRINCADO". MERA
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Venres 25, "Monicreques nas mans" con Larraitz,
para nenas-os de 5 a 10 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Outubro: Venres 2, "Cinco lobitos" con Soledad Felloza, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Venres 9, "Lobo bobo" con Elfefante Elegante, para nenas-os de 5 a 10 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Venres 23, "Crea fósiles de dinosauro" con Maumarela, para nenas-os de 5 a 10 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Novembro: Venres 6, "Contos para bebés" con Pavís-Pavós, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Venres 20, "Os tres osos" con Trinke Trinke, para nenas-os de 5 a 10 anos.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "Mª JOSÉ RUSO". DORNEDA
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Luns 28, "Crea fósiles de dinosauro" con Maumarela, para nenas-os de 5 a 10 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Outubro: Luns 5, "O aviador" con Elefante Elegante, para nenas-os de 5 a 10 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Luns 19, "Obradoiro de marionetas" con Viravoltas, para nenas-os de 5 a 10 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Luns 26, "Brummmmm" con Ramiro Neira, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Novembro: Luns 9, "Corre, corre que te pillo" con Marisa Irimia, para nenas-os de 5 a 10 anos.
Luns 16, "Contos para bebés" con Pavís-Pavós, para nenas-os de 1 a 4 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Luns 30, "Seica, disque, contan..." con Paula Carballeira, para nenas-os de 5 a 10 anos.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "ÁNXEL FOLE. NÓS
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Venres 25, "Contos de maxia" con Chrystyan Magic, para nenas-os de 3 a 10 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Outubro: Venres 16, "Maxia cómica" con Leo Leíño, para nenas-os de 3 a 10 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Venres 30, "Os tres osos" con Trinke Trinke, para nenas-os de 3 a 10 anos.

Novembro: Venres 13, "Contos para acabar cos medos" con Paula Carballeira, para nenas-os de 3 a 10 anos.
Venres 27, "Contos vellos, novos finais" (contos de igualdade) con Caxoto, para nenas-os de 3 a 10 anos.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "MANUEL MARÍA". OLEIROS
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Martes 29, "A maleta da avoa" con Raquel Queizás, para nenas-os de 3 a 10 anos.

Outubro: Martes 6, "Merenda con pan de millo" con Migallas, para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 27, "Libros en-cantados" con Magín Blanco, para nenas-os de 3 a 10 anos.

Novembro: Martes 17, "Estrelas de gominola" con Marisa Irimia, para nenas-os de 3 a 10 anos.

Decembro: Martes 1, "O rabaño" con Trinke Trinke, para nenas-os de 3 a 10 anos.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "XOGRAR MENDIÑO". LORBÉ
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Outubro: Xoves 8, "Obradoiro de marionetas" con Viravolta, para nenas-os maiores de 6 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Xoves 15, "Pan e auga? Sopas!" con Xandobela, para nenas-os de 3 a 10 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).
Xoves 22, "Fotoconto" con Chío Couto Redondo, para nenas-os de 3 a 10 anos. (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Novembro: Xoves 12, "Imaxina que..." con Ramiro Neira, para nenas-os de 3 a 10 anos.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "FEDERICO GARCÍA LORCA". MONTROVE
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Martes 22, "Contiario" con Pablísimo, para nenas-os de 3 a 10 anos.

Outubro: Martes 13, "A raíña de Turnedó" con Trinke Trinke, para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 20, "Contos de maxia" con Chrystyan Magic, para nenas-os maiores de 5 anos (Previa inscrición, que poderá facerse desde dez días antes da data da actividade).

Novembro: Martes 10, "Contos de medo que deixan durmir" con Caxoto, para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 24, "Historias que me contaron e que non me contaron" con Paula Carballeira, para nenas-os de 3 a 10 anos.