6/10/18

Ler conta moito e actividades infantís: 8 a 11 de outubro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 8 de outubro, ás 17:30     
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
MONITORADO: Diseño & Creatividad
OBRADOIRO: “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 9 de outubro,
ás 18:30    
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “O paroleiro”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 10 de outubro,
ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos  
Aforo completo!!!
MONITORADO: Ciencia en ruta
OBRADOIRO: “Obradoiro de foguetes espaciais”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 11 de outubro,
ás 18:30 
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Abrindo os ollos” 
Algúns destes actos están incluídos no programahttp://rbgalicia.xunta.gal/gl/recursos-para-profesionais/ler-conta-moitoda Rede de Bibliotecas de Galicia

5/10/18

Bibloleiros en Kalandraka TV

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=21&pagina=1#PD_Red%20de%20Bibliotecas%20Municipales%20de%20Oleiros
A bibliotecaria municipal do Concello de Oleiros, Luz Corral, inaugura coa súa entrevista o espazo adicado ás bibliotecas "Onde habitan os libros", de Kalandraka TV, que ofrece un lugar para dar a coñecer bibliotecas e librarías de Galicia. Esta canle de televisión a través de internet pretende dar maior visibilidade á literatura infantil e xuvenil e vai dirixida a todas as persoas e institucións implicadas na animación á lectura.

Kalandraka é unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil que conta cunha traxectoria de máis de 20 anos. Neste momento bota a andar unha canle de televisión en liña a través da que será posible coñecer as-os creadoras-es de libros e saber máis das súas obras e do seu proceso de traballo. Este espazo permitirá descubrir os lugares onde habitan os libros, como as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, e servirá tamén como punto de información de novidades editoriais, recomendacións e últimas actividades arredor do libro e da lectura.

Parabéns Kalandraka TV!!!

Recomendacións en Radioleiros: 5 outubro 2018

https://spark.adobe.com/video/nKypxDVoVD4Iu- Infantil (a partir dos 6 anos):

Fermoso libro con delicadas ilustracións en tons pastel. Anita, unha nena de 5 anos, cada vez que celebra o seu aniversario recibe un libro de agasallo do seu padriño Gerard. Son libros especiais que a achegan a países exóticos. Son sempre diferentes e falan de mundos incribles:
- Un de África que está cheo de leóns, desertos, homes altos que levan roupas de cores e de mulleres de branco sorriso.
- Outro do Polo Norte, cheo de neve e de iglús feitos con bloques de xeo e esquimós que pescan a través de buratos que fan no xeo.
- Outro de China, no que lle mostra a gran muralla, pagodes e ideogramas.
Pero este último ano o seu padriño a agasalla con decenas de libros en branco...
Hai xogos, sorpresas e un algo moi especial: o mesmo que agardan todos os nenos e nenas que soñan co mellor agasallo do mundo...
A obra finaliza co carné do Club dos Exploradores que converte a cada lector ou lectora no seu membro honorífico/a.


Estamos ante unha encantadora obra que nos fala de amizade e do agarimo dos nosos seres queridos.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1243670Camuflaxe, de Lupe Gómez
Chan da Pólvora

Camuflaxe é unha excelente obra de poesía que a autora escrebe a partir da morte da nai e que lla dedica con estas palabras “Á miña nai, na fraxilidade íntima da lúa. Ás cousas e flores gardadas dentro dos corpos das nosas devanceiras”.

Coller este libro nas mans e observalo é como coller unha obra de arte.

Nunha coidada e delicada edición vemos na cuberta a fotografía da bisavoa da autora, coñecida como “Pepa da Visa” que mira directamente á cámara e na que destacan unhas mans de muller traballadora, unhas mans que nos falan.

Contén 107 páxinas poboadas de fermosas e curtas poesías que chegan ao profundo da sensibilidade do lector ou lectora.

Dividido en seis partes tituladas: Enerxía secreta, Como por ensalmo, As fontes salvaxes do paraíso, Salmo Responsorial, O límite de Galicia, Dar a extremaunción.

Estamos ante unha obra impactante, que toca no profundo do ser. A partir da memoria da autora fálanos da relación con súa nai e outros seres queridos, da vida no rural galego, dos traballos do campo, da natureza, da paulatina desaparición da cultura do mundo rural. 

Un libro delicioso que nos presenta un canto de amor á nai e á cultura do mundo rural galego.

QUÉROTE, cos meus dedos mudos.
Coas bolboretas do aire fago para ti un encaixe.
Coa forza cega dos meus ollos tristes
ensaio para ti unha obra de teatro.

Co meu amor fágoche
un bosque.

Aprendo a escoitar as nubes, a traballar a terra e a ler o ceo,
no teu colo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/10/18

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do luns 8 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122549&name=DLFE-16219.pdfBIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA

O prazo de inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o luns 8 de outubro ás 8,15 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.

As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ

A inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca de Santa Cruz ábrese o luns 8 de outubro ás 16 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

20 prazas por orde de inscrición. As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

IMPORTANTE: A inscrición en liña está dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.

Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Datas de inicio da actividade:
- Grupo A de Rialeda: mércores 24 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo B de Rialeda: mércores 17 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Tertulia de Santa Cruz: luns 15 de outubro, das 17,30 ás 19 h

As sesións teñen un carácter quincenal. A actividade remata no mes de xuño de 2019.

Aviso importante!

- Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé): pechada os días 5, 8, 9 e 10 de outubro.

- Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós): pechada de 8 a 11 de outubro.

Desculpen as molestias!

Exposición bibliográfica adicada a Ana Romaní

https://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/gl/actualidad/2018/09/20180925-anaromani.html
Ana Romaní foi galardoada co Premio Nacional de Periodismo Cultural do Ministerio de Cultura y Deporte. O xurado motivou a elección de Romaní “na súa longa traxectoria no xornalismo, o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”, así como pola “súa visión de feminismo crítico e compromiso social”.
o Ministerio de Cultura y Deporte recoñece con este premio o labor de profesionais do xornalismo que, ben coas súas obras, ben a través da súa participación activa en diversos ámbitos da creación artística ou literaria, fomentan as actividades culturais contribuíndo ao enriquecemento do patrimonio cultural de España.
Naceu en Noia (A Coruña) en 1962. Ana Romaní conta cunha longa traxectoria no ámbito xornalístico, ademáis de ser poeta e escritora. É Académica de Número da Real Academia Galega.
Romaní comezou os seus pasos no xornalismo en 1983, ao participar na creación da revista Carabela de Xiada. A partir de 1988 encamiña a súa traxectoria profesional ao mundo da radio. Tras os seu paso por Radio Nacional de España, co programa La Viborona, dirixe o informativo Diario Cultural de Radio Galega, programa desde o que espallou a diario a actividade cultural de Galicia, incluíndo crítica especializada, monográficos e especiais.
A través deste espazo Ana Romaní participou na posta en marcha da publicación do libro "Narradio: 56 historias no ar" (2003); do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que se outorga desde 2006 co obxectivo de recuperar textos dramáticos para a radio; e do proxecto "De Cantares hoxe: os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI".
Ana Romaní recibíu numerosos premios, entre os que destacan o Premio al Fomento de la Lectura, que lle outorgou a Federación de Gremio de Editores de España en 2007; o Premio Atlántida, do Gremi de Editors de Cataluña, en 2008; o Premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega á ‘mellor xornalista cultural’ en 2012 e de poesía en 2011; e o Premio da III Gala do Libro Galego á traxectoria en xornalismo cultural en 2018.
A Biblioteca Central Rialeda adica unha exposición bibliográfica a Ana Romaní para dar a coñecer as súas obras e animar ás-aos súas-seus lectoras-es a que gocen delas.
 
Parabéns, Ana!!!

2/10/18

Ler conta moito e actividades infantís: 3 a 5 de outubro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Todos os actos serán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 3 de outubro    
Para nenas-os a partir de 4 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pakolas
TÍTULO: “As parábolas de Pakolas”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 4 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Raposadas”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 4 de outubro 
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “O paroleiro”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 5 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: OQO
CONTACONTOS e OBRADOIRO: “Un OQO para a sopa”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 5 de outubro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Contos do chupete”


Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.gal/gl/recursos-para-profesionais/ler-conta-moitoda Rede de Bibliotecas de Galicia