27/11/20

Recomendacións en Radioleiros: 27 novembro 2020

- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):  

"El hombre que compró la ciudad de Estocolmo" de Gianni Rodari. Ilustracións de Javier Zabala. En SM.

Divertido relato de Rodari cunha parte de humor absurdo no que un barbeiro merca a cidade de Estocolmo. Libro en formato grande cun fabuloso valor estético.

- Mozas-os e adultas-os:

"Servir era o pan do demo: historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX" de Xavier Castro. Editado por Galaxia.

Cunha linguaxe achegada ao gran público, Xavier Castro achéganos a como bebían, comían, cantaban, namoraban… os galegos e as galegas en función da súa clase social. Unha viaxe no tempo de sumo interese. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/11/20

Exposicións en Bibloleiros para conmemorar o Día Internacional contra as Violencias Machistas

A pouca presencia da muller nos ámbitos literarios pode comprobarse fácilmente a través dos galardóns. O premio literario máis coñecido é, sen dúbida, o Nobel de Literatura. Desde a súa creación en 1901 e ata este ano foron premiadas tan só 16 mulleres frente a máis de 100 homes!!!
 
O 25 de novembro conmemórase o “Día Internacional contra as Violencias Machistas” e coas mostras bibliográficas nas Bibliotecas de Oleiros queremos denunciar a invisibilización da muller na literatura e render unha máis que merecida homenaxe a esas 16 mulleres e moi especialmente a Louise Glück, poeta estadounidense gañadora do Premio Nobel de Literatura 2020.
 
Louise Glück (Nova York, 1943) gañou o Premio Nobel de Literatura deste ano. A poeta norteamericana, que recibíu o Pulitzer de Poesía por "El iris salvaje" en 1993 foi recoñecida pola súa “inequívoca voz poética” e a súa “beleza austera”. Ademáis de escribir, Glück imparte clases na Universidade de Yale.
 
A escritora Luna Miguel analizou a obra da gañadora do Premio Nobel de Literatura 2020 na súa canle de YouTube e neste artigo xornalístico. Antes ca ela, os Nobel premiaron outras 15 mulleres, a última Olga Tokarczuk en 2018. Tendo en conta á recente gañadora, as premiadas nesta categoría son só o 13,79% do total de galardonadas-dos. Anónimas, famosas, esquecidas ou lembradas, sentaron un precedente para moitas outras escritoras da súa xeración e as posteriores.
 
As escritoras que precederon a Glück foron en 1909, Selma Lagerlöf. 1926, Grazia Deledda. 1928, Sigrid Undset. 1938, Pearl S. Buck. 1945, Gabriela Mistral. 1966, Nelly Sachs. 1991, Nadine Gordimer. 1993, Toni Morrison. 1996, Wislawa Szymborska. 2004, Elfriede Jelinek. 2007, Doris Lessing. 2009, Herta Müller. 2013, Alice Munro. 2015, Svetlana Aleksievich. 2018, Olga Tokarczuk.
Podes visitar a expo 16 Mulleres Nobel de Literatura na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Manuel María (Oleiros).
 
A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro (Santa Cruz) únese aos 16 días de activismo contra a violencia de xénero organizados por Nacións Unidas baixo o lema “Pinta o mundo de laranxa”, cunha mostra bibliográfica que recolle exemplares de banda deseñada sobre violencia de xénero. As mulleres son protagonistas de todas estas historias gráficas, escritas ou debuxadas por artistas que quixeron reflectir nelas o mundo romántico das relacións de parella e a crueldade que ás veces se ve asociada a elas. En moitas destas historias plásmanse situacións ou momentos violentos e/ou desigualdade que poñen de manifesto a necesidade de cambiar actitudes nas que prime o respecto pola outra persoa. 
Que todo o desamor do mundo se convirta en cartas de amor!!!